Manifestacion Pacifica en favor dos nosos marineiros

Cartel da Maniefestación completo e fotos da chegada dos irmáns detidos ...

Entrevista a Felipe, Carlos e Manuel Campaña Carril

"Se non estiveramos os tres xuntos no cárcere non sabemos o que sería de nós..." Chega a entrevista dos irmáns Campaña Carril da man de camarinas.eu Chega a entrevista definitiva. A entrevista que esperaba todo o pobo de Camariñas. A entrevista de verdade, na que os tres irmáns Campaña Carril relatan ao reporteiro de camarinas.eu Diego Alonso Freire como sobreviviron ao pesadelo de Teixeiro e que sentiron cando viron o recibimento que tódolos camariñáns lles tiñan preparado o Xoves 15 de novembro. Un día que nunca esquecerá a familia Lin, un día que nunca esquecerá Camariñas. Esta foi a...

Os tres irmans Felipe, Carlos e Manuel estan con nos

A FELICIDADE DE TODO UN POBO. ACABOU O PESADELO Na porta do San Remo tiveron que saudar á multitude enfervorizada Unha muchedumbre como non se veu nunca en Camariñas botouse á calle esta tarde noite para recibir aos nosos tres veciños encarceados fai xa dous meses Felipe, Carlos e Manuel. O chamamento feito por camarinas.eu desbordou tódalas previsións e o caos producido por tal avalancha de camariñáns, que ledos e alegres, tomaron as rúas da nosa vila, veuse agravado pola ausencia de Protección Civil, os cales xa estaban avisados do que ía acontecer. Pero nun día como hoxe perdóase todo...

Os irmans Lin, Felipe, Carlos e Manuel posiblemente sairán da cadea hoxe

A Conselleria de Pesca dinos que os irmáns Lin sairán hoxe da prisión de Teixeiro. camarinas.eu desprazouse hoxe ata Muxía para falar persoalmente coa conselleira  Hoxe a unidade móvil de camarinas.eu desprazouse a Muxía especialmente para poder falar coa Conselleira de Pesca, a socialista Carmen Gallego, a cal nos dou moi fundadas esperanzas de que posiblemente no día de hoxe os nosos queridos veciños que están no cárcere Manuel, Felipe e Carlos poidan ser liberados e trasladados ás súas casas coas súas familias. Pulsa na foto. ...

De novo a Familia Lin

Retíranlle provisionalmente as licenzas de pesca dos barcos da Familia Lin A inxusticia continúa: as licencias dos barcos da Familia Lin retiradas Na madrugada de onte axentes da Gardia Civil precintaron os barcos da familia Lin de Camariñas. A Consellería de Pesca retiroulles provisionalmente a licencia de pesca co que os barcos non poderán volver a faenar de momento. Os mariñeiros quedarán na casa e os tres irmáns, humildes traballadores, na cadea. Seguiremos informando sobre o caso coma sempre o fixemos pero, como pide a familia, con prudencia. ...

Toda Camarinas esta con vos

O xuíz nega a fianza e os nosos veciños Manuel, Carlos e Felipe seguirán en prisión. Os tres irmáns Felipe, José Manuel e Carlos seguirán na cadea. Non temos palabras para describir o que sentimos. Esta mañá soubemos polos medios de comunicación que o xuíz de instrucción número 2 de Corcubión non cambiara de parecer e, a pesar das firmas dos veciños, das asociacións e institucións que se involucraron, os nosos tres IRMÁNS sigan na cadea. De todos modos hai que decir tamén que o avogado dos tres detidos presentou xa o recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da...

Felipe, Carlos e Manuel: Esperamosvos

Camarinas.eu: dende o pricipio deste pesadelo apoiando á Familia Lin.  Ánimo que xa falta pouco  A comunidade de Camarinas.eu xunto cos seus máis de 200 usuarios rexistrados sempre estivo apoiando aos nosos veciños detidos no fatídico Mércores 19 de Setembro de 2007. A familia de Lin, atravesa unha das etapas máis duras e dificiles da súa vida con tres dos seus integrantes na cadea, os tres irmáns Felipe, Carlos e Manuel. Un pesadelo que dura xa 21 días. Uns pais, uns fillos, unhas mulleres, uns amigos... todo un pobo leva chorando 21 días por Felipe, Carlos e Manuel. Quixemos facer...

Marcial Mouzo firma no taboleiro da libertade

O locutor Marcial Mouzo firmou o domingo no taboleiro da solidariedade do Bar Gaviota Este domingo 30 de Setembro esa entente mediática que se está a formar entre Marcial Mouzo e camarinas.eu xa deixaron antes que nadie constancia da súa solidariedade con Manuel, Carlos e Felipe, os nosos tres mariñeiros membros da familia Lin que seguen na cadea e claman pola súa liberdade. Marcial Mouzo, ese gran locutor radiofónico Camariñán quixo facer público o seu apoio firmando no taboleiro que está exposto no Bar Gaviota de Camariñas, ese bar de arrecendo mariñeiro que posúe unhas das mellores tapas do noso...

Os barcos da Familia Lin volve a faenar

O barco da familia Lin chamado Lago 2 pesca 90 caixas de sardiña. O Barco Lago Dos volve a faenar polas augas da Costa da Morte A familia fai unha chamada á calma e a tranquilidade, calquer signo de violencia ou insulto pode causar un dano completamente irreparable aos nosos tres queridos veciños. En todo caso hai que ter confianza nunha pronta e rápida solución que nos encha de ledicia a todos e Camariñas ten que dar a todo o mundo unha imaxe de pobo civilizado e prudente. ...

Novo xuizo paralelo

A Voz de Galicia segue a meter máis leña no incendio que eles mesmos prenderon. Por outro lado o xornal "El Correo Gallego" xa dictou sentencia antes de que o faga o xuíz instructor do caso calificando de terroristas aos detidos. Ademáis, por se fora pouco, os Presidentes de algunhas Confrarías de Pescadores veciñas están a disputarse no Correo Galego quen foi o primeiro que denunciou a "caza e captura" dos barcos Camariñáns. En fin, como podédes ver, un espectáculo realmente lamentable. Artigo de Sofía Vázquez Nun patético e impresentable artigo firmado por unha tal Sofía Vázquez volvíase a exercer...