- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Caso contra a Familia Lin Caso contra a Familia Lin
- Created: 22 Mai 2008 22 Mai 2008
¡Remata o pesadelo, os barcos dos Lin xa poden ir ó Mar!
Camarinas.eu móstrase hoxe exhultante ca vaga de noticias boas que se están a suceder hoxe. Primeiro contábamosvos o nacemento de María, a filla de Jorge e Vanessa, e agora chéganos a noticia de parte da familia Lin que xa teñen as licencias de pesca dos seus dous barcos para poder seguir traballando. Todo pesadelo chega a seu fin e este non podía ter outro final. Desde camarinas.eu queremos dar a noraboa a esta querida familia e non podemos estar máis contentos por eles. Tantos meses de sufrimento... desde aqui acordámonos especialmente do primeiro día do pesadelo, cando ninguén se atreveu a publicar nada (e menos defender) e camarinas.eu xa estaba apoiando á familia Lin e aos detidos e esixindo a súa posta en liberdade. Despois viñeron os ataques á familia Lin desde a prensa autonómica acusándoos de "terroristas do mar" e camarinas.eu estivo ahí para defender á nosa xente. Nos meses interminables de cárcel camarinas.eu recordaba casi todos os días a Manuel, Carlos e Felipe e mostraba o seu rechazo a esta inxusta medida.
Naqueles interminables días camarinas.eu xunto cos seus usuarios eran os únicos que defendían públicamente unha causa que nos víamos xusta e incluso algún "bo camariñán" nos chamou tolos. Nos dámoslle a razón: estábamos tolos por defender dunha inxusta e esaxerada medida aos nosos paisanos e amigos e non tíñamos medo. As nosas familias non nos enseñaron a acatar as inxusticias e meter o rabo entre as pernas, senón a loitar polo que crees e eso foi o que fixemos. Si eso é estar tolo nos dicimos que sí, somos os máis tolos. Despois si un día foi o máis feliz en moito tempo para o pobo de Camariñas ese foi cando os presos foron liberados e eran recibidos, mediante un chamamento desta web, por todo o pobo de Camariñas. Non hai dúbida que ese foi o momento máis emotivo que vivío o noso pobo dende hai moitos anos, eu diría que nunca hubo un día como ese en Camariñas, por eso queremos facer unha homenaxe á familia Lin recordando algunha imaxe dese día. Un día que nos quedará grabada na memoria polo resto das nosas vidas.
¡¡Norabóa e a traballar!!
Comentarios
Muitos bicos das GELIS e suerte.
Un sudo
A coller topes muchachos e a demostrar todo o que valedes que non é pouco. Un bico
Como di manuel e juan esteban por fin si señor, alegrome moito por todos vos, por toda familia lin e por todos os mariñeiros e familiares, desexobos de corazon o millor para todos vos de verdade .
De nada sirvieron nuestros rezos.
Nos hicieron falta plañideras para llorar por nosotros. Nuestros ojos se secaron, pues el reguero de nuestras lágrimas subió la marea de un bravo mar que parecía hundir nuestras naves.
Rogamos justicia y pedimos clemencia ante parte de los que representan al pueblo, pero seguíamos sin respuesta.
Muchos pueblos nos dieron la espalda, apuntando con su dedo acusador hacia la llaga ensangrentada. Hurgaron en nuestra profunda herida. ¡Qué fácil es hacer leña del árbol caído!.
Al fin la Justicia hace justicia, mientras la Administración debe callar.
Gracias Billy por acordarte de mí, yo también me he acordado mucho de vosotros todo este tiempo.
Pasa de la media noche, Camariñas duerme…
Fdo. Bufardo.
ahora tan solo quero mirar os barcos,mirar como salen po mar,que vaían po norte ou po sur,que pesquen,que traian a tranquilida pas casas e que teñan paz no futuro
un saludo
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.