- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Caso contra a Familia Lin Caso contra a Familia Lin
- Created: 10 Decembro 2011 10 Decembro 2011
Todo pesadelo chega ao seu fin. Nas primeiras horas da mañá deste xoves 8 de decembro de 2011 recibíamos a noticia da publicación no Boletín Oficial do Estado do indulto a Felipe Campaña Carril. E recibíamos esta tan esperada nova da man dunha das persoas que máis influiu para que o Ministro de Xustiza (en funcións tamén) Francisco Caamaño optara pola decisión final de declarar indultado ao noso veciño. Culmina así unha larga loita que comezou hai xa catro anos, casi tantos como ten esta web de Camarinas.eu que dende o primeiro momento volcouse cos nosos veciños inxustamente condenados. Chega o momento de comezar unha nova vida para Felipe, o único dos irmáns Lin que tiña cargos en contra súa con unha probable e inminente entrada en prisión de non resolverse o indulto canto antes. En fin, quedará para a historia de Camariñas toda a labor desenrolada polo noso pobo unido na defensa dos irmáns Lin e representada dende o primeiro momento pola redacción e os usuarios de Camarinas.eu. Loita que quedará inmortalizada para sempre nestas páxinas. Dende esta redacción queremos agradecer ás persoas que traballaron e intercederon co Ministro de Xustiza Francisco Caamaño para conseguir o indulto para Felipe. Como decíamos na anterior noticia: é do que se trata, de arranxar problemas, de unir. Nunca de dividir.
Nota de redacción: Dende Camarinas.eu queremos adicar esta noticia á memoria de Don Edelmiro Campaña "Lin".
Comentarios
Muy contentos de poder felicitarles estas fiestas navideñas
que sin duda serán muy diferentes para ellos.
Reyes
Voso amigo Diego Alonso Freire.
REIRA
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.