A FELICIDADE DE TODO UN POBO. ACABOU O PESADELO

Unha muchedumbre como non se veu nunca en Camariñas botouse á calle esta tarde noite para recibir aos nosos tres veciños encarceados fai xa dous meses Felipe, Carlos e Manuel. O chamamento feito por camarinas.eu desbordou tódalas previsións e o caos producido por tal avalancha de camariñáns, que ledos e alegres, tomaron as rúas da nosa vila, veuse agravado pola ausencia de Protección Civil, os cales xa estaban avisados do que ía acontecer. Pero nun día como hoxe perdóase todo e a alegría que inunda os corazóns de tódolos camariñáns fai que pasemos por alto este asunto menor. Pulsa na foto para ver a reportaxe especial sobre a ledicia de todo un pobo.

Os tres irmáns Campaña Carril facían a entrada na súa querida vila natal sobre as 8:30 da tarde quedando detidos na curva do Casino debido a que a muchedumbre camariñana, que xa non podía esperar máis, saíolle ao paso quedando os coches que traian os irmans Lin parados no Casino. A partir de aquí tan só poideron seguir a pe entre as aclamacións, os vítores, os abrazos e as bágoas de ledicia da súa familia e de tódolos camariñáns. Unha hora e media levoulles facer o treito a pe entre o Casino e o San Remo, e unha vez alí, ante a insitencia dos alí congregados tiveron que subirse a un banco para saudar a multitude eufórica.

Centos, tal vez un par de miles de Camariñáns explotaron de ledicia en Camariñas
Centos, tal vez un par de miles de Camariñáns explotaron de ledicia en Camariñas

A ledicia chegou a tal punto que dona Pilar debido á emoción sufrío un leve desvanecemento do que , grazas a Deus, axiña se recuperou. Sen dúbida a tensión destes días recentes fíxose notar no corazón desta nai camariñana, que tan só ansiaba con toda a súa alma ver aos seus queridos tres fillos, inxustamente encarcelados, ao seu carón. Esta redacción non pode evitar mencionar o instante no que Manuel Campaña Carril se fundío nun abrazo no medio da rúa co noso redactor Diego Alonso Freire, abrazo que foi vitoreado de forma entusiasta pola multitude alí congregada. 

Un mar de bandeiras, pancartas e os carteles feitos por camarinas.eu inundaron hoxe de ledicia as rúas de Camariñas.

O pobo de Camariñas saúda entusiasmado a Manuel de Lin
O pobo de Camariñas saúda entusiasmado a Manuel de Lin
 

Unha vez aclamados os nosos tres héroes diante do San Remo, marcharon co corazón henchido de agradecemento ao pobo de Camariñas cara a súa casa, non lonxe de alí para, na intimidade do fogar, voltar a estar unida esta gran familia a que ninguén nunca debeu separar. Unha vez dentro, a entrada da persoa que posiblemente (ca excepción lóxica dos seus irmáns e pais) máis fixo pola súa liberación, Diego Alonso Freire, foi aclamada pola familia e todos fundíronse en longos abrazos, agradecendo os tres irmáns os esforzos realizados por esta humilde web. 

Video da Chegada dos irmáns Lin

{google}-6209814147253915418{/google} 

 Selección das mellores fotos do día da Liberación dos Irmáns Lin

 Image

Image

Image

Image

Image

Image

Image 

Image

Image

Image

Image

 

En fin, xa rematou o pesadelo, xa están entre nos, coa súa familia que tanto os botou de menos. Pero o que se desprende de todo o acontecido ao longo de estes dous meses foi a impresionante imaxe de unidade que dou o pobo de Camariñas que apoiou en todo momento e estivo ao lado dunha familia que sufría. Hoxe foi o día no que o pobo de Camariñas demostrou a súa dignidade. Hoxe é o día no que todos nos sentimos orgullosos de ser camariñáns.

¡¡VIVA CAMARIÑAS!! 

Para ver a galería fotográfica completa de todo o acontecido no día de hoxe en Camariñas PULSA AQUÍ 

Comentarios   

juanillo
0 # juanillo 15/11/2007 22:20
Nestes casos unha imagen vale mais que mil palabras!!!!.eU ............... ............??? ???.DE CAMARIÑASSSSSSS SSS!!!!!!!!!!!! !!!!!!!!!!!!!!! !!!!!!!!!!!!!!! !!!!!!
Responder | Denunciar ante o administrador
merlin
0 # merlin 15/11/2007 22:22
BENVIDOS O VOSO PUEBLO DE DONDE NON DEBESTEDER DE SAIR NUNCA ALEGROME DE TODO CORAZON QUE ESTEDES NAN BOSAS CASAS COS VOSOS BICOS PARA VOS
Responder | Denunciar ante o administrador
gancho loco
0 # ¡¡¡¡¡VIVA CAMARIÑAS!!!!!!gancho loco 15/11/2007 23:28
Síntome case case coma si estivese alí en CAMARIÑAS con todos vos, tal e a alegría que sinto nestes momentos. FELICIDADES A TODOS.
Responder | Denunciar ante o administrador
reira
0 # reira 16/11/2007 12:17
esto si que e union e o demas son contos viva camariñas o completo que non hay pueblo coma el
Responder | Denunciar ante o administrador
tedin
0 # tedin 16/11/2007 14:30
viva camariñas e o mellor pueblo que hay
Responder | Denunciar ante o administrador
gelinita
0 # gelinita 16/11/2007 15:19
jracias por todo, a todos os camariñans, e o seu concello por todo o que fixestedes pa familia lin que e a miña familia. tamen e especialmente a miguel e diego.
Responder | Denunciar ante o administrador
carretera do faro
0 # carretera do faro 17/11/2007 20:30
benvidos carlos,felipe e mauel boso primiño
Responder | Denunciar ante o administrador
liberdade
0 # liberdade 18/11/2007 00:02
Despois de estar polo mundo e a miña ausencia vexo que xa estan aqui, aledome por eles .
Espero que no xuicio non vaian pa carcel polo delito e aprendesen a non pescar asi con dinamita nin con mais metodos ilegais....
Responder | Denunciar ante o administrador
osmar
0 # osmar 03/12/2007 18:59
Todo e moi bonito,pero non acabo de entendela mensaxe.o sea que cometen un delito e recibidelos coma heroes.si mataran a alguen farias o mesmo?A verdade e que non o entendo
Responder | Denunciar ante o administrador