- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Caso contra a Familia Lin Caso contra a Familia Lin
- Created: 15 Novembro 2007 15 Novembro 2007
A Conselleria de Pesca dinos que os irmáns Lin sairán hoxe da prisión de Teixeiro.

camarinas.eu desprazouse hoxe ata Muxía para falar persoalmente coa conselleira
Hoxe a unidade móvil de camarinas.eu desprazouse a Muxía especialmente para poder falar coa Conselleira de Pesca, a socialista Carmen Gallego, a cal nos dou moi fundadas esperanzas de que posiblemente no día de hoxe os nosos queridos veciños que están no cárcere Manuel, Felipe e Carlos poidan ser liberados e trasladados ás súas casas coas súas familias. Pulsa na foto.
Despois de todo, as boas noticias parece que van chegando. Esta mañá, Diego Alonso desprazouse a Muxía para poder falar persoalmente coa Conselleira de Pesca Carmen Gallego. A Conselleira atendeuno moi amablemente e respondeu a todas e cada unha das preguntas que lle formulamos sobre o tema dos irmáns Lin de Camariñas. Carmen, díxonos que hoxe sairán da cadea.
Quero agradecer a todos os usuarios de camarinas.eu todo o apoio que deron sempre aos redactores do diario dixital máis leido de toda a Costa da Morte, por apoiarnos no que vimos que era unha gran inxustiza e por apoiar sempre e desde o principio á familia Lin de Camariñas. Os nosos veciños xa están cerca da súa casa.
CONFIRMADO POR JUAN ESTEBAN CAMPAÑA CARRIL: HOXE ÁS SEIS DA TARDE FELIPE, CARLOS E MANUEL SAIRÁN DA CADEA. ESPERÁMOSVOS!!!
Comentarios
Alégrome moito de que xa estén na sua casa, tanto por eles coma po los seus pais, familiares e amigos.
\"Que es mi barco mi tesoro,
que es mi dios la LIBERTAD,
mi ley, la fuerza y el viento,
mi única patria, LA MAR...\"
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.