O pleno aprobou por unaminidade pedir o indulto para Felipe Campaña Carril

Hai exactamente unha semana que se celebrara no Salón de Plenos do Concello de Camariñas o acto plenario onde se aprobou por unaminidade por parte da corporación municipal pedir ao Ministerio do Interior o indulto para Felipe Campaña Carril. Dende que o Tribunal Supremo absolvera a Manuel, Carlos e Felipe Campaña Carril, a Chabeli Campaña Caamaño e  Manuel Caamaño Barreiro dos delitos polos que foran inxustamente condenados a loita centrouse despois na petición do indulto a Felipe así como o recurso de amparo ao Tribunal Constitucional para conseguir anular así o posible ingreso en prisión do noso veciño por un delito de tenencia de explosivos (exactamente 4 kg. de bombas de palenque). Con todo esto creemos que moi pronto veremos xa concluído este pesadelo que conmocionou a nosa vila e que Camarinas.eu xunto cos seus uruarios defenderon como unha grave inxustiza dende o primeiro momento, a primeira hora, cando as forzas de seguridade interviñan as casas dos nosos veciños ese tráxico mércores 19 de setembro de 2007 (mentras outros pedían prudencia e silencio)  ata o día de hoxe, un 25 de marzo de 2010 no que un dos principais responsables da loita está de cumpreanos. Efectivamente,  Juan Esteban Campaña Carril, o noso querido e admirado Estudiante cumpre hoxe 48 magníficos anos rodeado dos seus seres queridos. E a pesar de que aínda temos na memoria e de toda a familia Lin a recente e irreparable perda do Señor Edelmiro Campaña "Lin", desde camarinas.eu queremos celebrar este día especial do noso amigo cunha homenaxe sincera ao home que levou o peso da loita e que esperamos conclúa coa absolución definitiva do seu irmán Felipe Campaña Carril. ¡FELICIDADES ESTUDIANTE!

{phocagallery view=category|categoryid=586|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}

Comentarios   

Beldoña
0 # FELICIDADESBeldoña 25/03/2011 13:00
FELICIDADES JUAN QUE CUMPLAS MOITOS MAIS.
Alegrome por todas esa firmas que lográchedes, eso é a mellor demostración do cariño que todos vos profesan. Xa veredes como todo se arregla satisfactoriamente.
Disfruta do día d´hoxe, amigo.
Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador