Camarinas.eu súmase a campaña de recollida de firmas para solicitar o indulto de Felipe de Lin

Cando o 25 de novembro de 2010 o Tribunal Supremo absolvía aos armadores camariñáns das inxustas acusacións do delito de pesca con dinamita aquí en camarinas.eu xa decíamos que a próxima batalla por librar sería a da liberdade de Felipe Campaña Carril, ao manter o TS a sentencia da Audiencia Provincial da Coruña que o condeaba a catro anos de prisión por tenencia de explosivos. Pois ben, ese momento é chegado e todo o concello de Camariñas debe volcarse no apoio á Familia Lin. Segundo puido saber camarinas.eu a Familia Campaña Carril inicia dende xa unha campaña de recollida de firmas para solicitar ao Goberno o indulto de Felipe baixo o lema "TODOS CON FELIPE", polo que animamos a todos os nosos lectores a sumarse á mesma firmando nas follas que xa se están repartindo masivamente por tódolos recunchos de Camariñas.

O recurso ao indulto é unha das dúas medidas que lle quedan á Familia Lin para evitar a entrada de Felipe en prisión, a outra sería recurrir en amparo ao Tribunal Constitucional. E con ésto quedarían esgotados todos os recursos posibles. A tenencia que lle aplican a Felipe sería a das 120 bombas de palenque atopadas no segundo piso do edificio no que se atopa actualmente a súa residencia, bombas en principio  totalmente legais do tipo que se pode mercar en calquer Pirotecnia. En todo caso, unha cuestión que debe quedar clara ante as instancias competentes para resolver a petición de indulto é o clamor de todo un pobo a favor dun veciño exemplar, unha persoa totalmente allea á comisión de calquer tipo de delito, clamor que debe quedar corroborado polo maior número de firmas posible. Este feito, apoiado na xustiza da petición que se realiza, debe ser determinante para inclinar a balanza a favor de Felipe Campaña Carril. ¡TODOS CON FELIPE!.


Comentarios   

Beldoña
+2 # INDULTOBeldoña 02/03/2011 13:23
NATURALMENTE QUE EU ÚNOME A PETICIÓN DE INDULTO PARA FELIPE, CONTADE COA MIÑA FIRMA.
Mais, como non sei cando irei por Camariñas, si é posible, poden enviarme unhas cuantas solicitudes porque sei que, tanto familiares meus como amigos, van a firmar a solicitud do indulto.
ANIMO FELIPE
Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador
diegoalfr
+1 # Firmas para apoiar a Felipe!diegoalfr 02/03/2011 15:11
Boas tardes Beldoña, agora mesmo lle mando o documento para firmar. Teño que escanear o que teño aquí na tienda e xa llo envío. Despois vostede só ten que imprimilo e xa pode usalo como firma. Toda a axuda é pouca para apoiar aos nosos veciños!! ÁNIMO A TODOS E APOIAR A FELIPE!!
Responder | Denunciar ante o administrador
kinos
+1 # RE: Recollida de firmas a favor de Felipekinos 02/03/2011 13:47
eu tamen me sumo ao apoio por felipe,dende aqui desexolle que todo lle saia ben.
Responder | Denunciar ante o administrador
diegoalfr
0 # Firmasdiegoalfr 02/03/2011 15:13
Ola Kiños, gracias por axudar desde Suiza. Temos que estar todos con Felipe!
Responder | Denunciar ante o administrador
Cielo Campaña
0 # abencharaCielo Campaña 02/03/2011 18:52
Gracias Amigos. eu tamen quero agradecer o esforzo qu eentre todos facemos para salvar a Felipe, pero quero recordar que como ultimo dia al firmas teñen que estar en camariñas o proximo 8/03/2011. Moitas moitas grazas.
Responder | Denunciar ante o administrador
jose de marta
0 # RE: Recollida de firmas a favor de Felipejose de marta 02/03/2011 21:43
Todo o pobo esta contigo Felipe,todo vai salir ben.
Responder | Denunciar ante o administrador
reira
0 # Aqui e donde se ve o compañerismoreira 02/03/2011 22:09
Penso que se deveria decir quen ten esos papeles e donde se poide firmar,eu seren un dos que si firmen como penso que eso facera a mayoria dos camariñas salu2 e moita sorte Felipe animos chaval.
Responder | Denunciar ante o administrador
juan campaña
0 # estujuan campaña 04/03/2011 10:55
Amigo Reira, podes atopar os impresos polos bares, no taller de Felipe, na cas de miña nai... etc. Moitas gracias polo teu apoio.Un saludo-estu-
Responder | Denunciar ante o administrador
estudiante
0 # INDULTO PARA FELIPEestudiante 03/03/2011 07:39
Si algunha persoa, esté donde esté, quere colaborar coa recollida de firmas para o apoyo do "Indulto para Felipe", non ten mais que enviarme un correo e enviareille o formulario. A miña direccion de correo e juan.campana@crtvg.es Unha aperta a tod@ e moitas gracias. Juan Esteban.
Responder | Denunciar ante o administrador
juan campaña
0 # RE: Recollida de firmas a favor de Felipejuan campaña 04/03/2011 11:13
Amigo Reira, creo que nos bares hai impresos, no naútico, no taller de Felipe, na casa de miña nai... Gracias polo teu apoio. ---estu---
Responder | Denunciar ante o administrador
E logo ti de quen es
0 # RE: Recollida de firmas a favor de FelipeE logo ti de quen es 05/03/2011 14:46
Animo y mucha suerte, todo mi apoyo.
Responder | Denunciar ante o administrador
ReyesFP
0 # INDULTO PARA FELIPEReyesFP 05/03/2011 19:04
Mi apoyo para esta familia de Camariñas.

Por email he solicitado un impreso o formulario para suscribir la solicitud de indulto y no he recibido contestación. ¿ES CORRECTA LA DIRECCION: juan.campana@crtvg.es ?

Reyes.
Responder | Denunciar ante o administrador
JM
0 # .JM 05/03/2011 23:51
Quen queira o impreso que o baixe de aqui: http://www.megaupload.com/?d=KWK54IEE
Responder | Denunciar ante o administrador
JM
0 # RE: Recollida de firmas a favor de FelipeJM 05/03/2011 23:56
Non sei si me salio publicado o ultimo mensaje, o impreso para firmar o podedes baixar de aqui: http://www.megaupload.com/?d=KWK54IEE
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
0 # RE: Recollida de firmas a favor de Feliperubiasexy 06/03/2011 14:15
reyes si quieres el impreso yo te lo mande por correo si no en mis fotos esta tambien esta aqui en tus fotos si me salio bien claro gracias to@s con felipe
Responder | Denunciar ante o administrador
rodriguezlemamaricarmen55
+1 # por Dios qué locura!rodriguezlemamaricarmen55 17/03/2011 17:04
Recién me informo de esta situación aquí en Argentina cuando se juzgan con tanta energía casos menores y se dejan de lado aberraciones importantes se dice que la persona juzgada es un perejil.
Espero se pueda hacer justicia con la balanza equilibrada.
Y que la familia Campaña Carril encuentre la paz que necesita.
Responder | Denunciar ante o administrador