4.8333333333333 1 1 1 1 1 Rating 4.83 (18 Votes)

Portada de camarinas.eu ante a desproporcionada sentencia emitida en 1ª instancia pola Audiencia Provincial

O Día da Xustiza

O día 25 de novembro de 2010, xoves, quedará enmarcado nos anales da antiga e inmemorial vila de Camariñas como aquel no que por fin se fixo xustiza.  Pouco despois da sobremesa recibíase nesta redacción unha chamada de Juan Esteban Campaña Carril, o noso querido e admirado Estudiante, unha chamada portadora dunha noticia esperada e anhelada dende que hai xa máis de tres anos se desatara o inferno para dúas familias deste concello inxustamente tratadas pola prensa, polos corpos e forzas de seguridade do Estado e polos tribunais ata o día de hoxe no que se daba a coñecer que a máis alta instancia xurisdiccional existente en España, o Tribunal Supremo, absolvía a Manuel, Carlos e Felipe Campaña Carril, a Chabeli Campaña Caamaño e  Manuel Caamaño Barreiro dos delitos polo que foran inxusta, ilegal e desproporcionadamente condenados un infausto 10 de febreiro de 2010 pola Audiencia Provincial da Coruña. Xa pola mañán deste histórico xoves un brillo especial podía vislumbrarse na mirada de Sergio Caamaño. Porque con data 3 de novembro do ano en curso o TS emitío unha impecable sentencia na que tras constatar a existencia de imprecisións nas declaracións dos imputados así como na intevención das conversacións telefónicas dos mesmos, e tras considerar que "no se puede considerar probado que los acusados José Manuel Campaña y Carlos Campaña poseyeran los explosivos hallados en los bajos del inmueble donde, junto con otras personas, tenían su domicilio" e que "tampoco se puede considerar probado, por lo tanto, que Felipe Campaña entregara a los otros acusados explosivos para su uso en la pesca de cerco, ya que la posesión de los explosivos que le fueron incautados puede encaminarse a usos variados", conclúe que "Ello se traducirá en la absolución de los acusados Carlos y José Manuel Campaña Carril e Isabel Campaña Caamaño, así como la absolución de Felipe Campaña Carril respecto del delito contra el medio ambiente".

E de todo elo, sen ánimo de ser exhaustivos, poden sacarse unha serie de pertinentes conclusións: 1) A do papel xogado neste drama pola prensa chamada profesional, aquela que non dubidou en etiquetar aos encausados, humildes familias mariñeiras, como "terroristas do mar" e mediante xuizos paralelos ensuciar con claro afán sensacionalista e de forma irresponsable o bo nome duns honrados armadores, aquela que se soprendía que todo  un pobo recibira aos irmáns Lin nas rúas  un festivo 15 de novembro de 2007 "como héroes": ¿Onde están os terrorista agora? ¿Ante o teclado dun ordenador quizáis?; 2) A sabiduría do pobo de Camariñas, que nunca creío na culpabilidade dos encausados e por dúas veces botouse multitudinariamente ás rúas no seu apoio; 3) A firmeza da Xustiza Española, que aínda que tarde, cunha lóxica xurídica impecable reparou o dano inferido en primeira instancia polos tribunais de inferior rango e repuxo a legalidade inxustamente vulnerada; 4) A profesionalidade intachable, o bo facer xurídico do abogado Don Antonio Platas e do seu equipo, inolvidable profesor que foi na Facultade de Dereito dalgún dos redactores desta redacción, maestro e exemplo de xuristas; 5) A inocencia probada, incontestable, dos irmáns Campaña Carril e do Jallejo, o único realmente importante. Unha dura loita chega ao seu fin, coroada polo éxito, polo triunfar da xustiza, unha longa senda percorrida dende o primer momento nesta redacción xunto a Familia Lin e a do Jallejo conclúe (queda o tema de Felipe: haberá que seguir luitando duro), e no intre en que os redactores o presente subscriben díficilmente poden ocultar a súa emoción e só acertan a berrar con toda a forza dos seus encollidos pulmóns, das súas agarrotadas gorxas, un ¡¡Viva Camariñas!!

Comentarios   

socho
+6 # RE: O Tribunal Supremo absolve aos armadores camariñánssocho 25/11/2010 18:49
mima k alegria,,,,esto n moy contenta o vela noticia,,,,eu xa sabia k meus primos iban salir absolventes,,,n on fixeron daño ningun,,,,felic idades primos e ahora a celebralo eeeeee,,,,,moit a sorte a meu primo felipe,,k todo vai salir ben,,,,,NORABOA AAAA PRIMOS,,,,

FIRMADO---KARINA
Responder | Denunciar ante o administrador
Mikel
+6 # RE: O Tribunal Supremo absolve aos armadores camariñánsMikel 25/11/2010 19:22
!!Felicidades FAMILIA!!...Bor rón e conta nova...a seguir pescando e moita sorte...
Responder | Denunciar ante o administrador
reira
+5 # Animos amigos e merecidoreira 25/11/2010 19:36
Simplemente moitas felicidades meredidas despois de todo o final douse como tiña que darse xa fay tempo felicitacions e a celebrar que teñades moi boas festasssss
Responder | Denunciar ante o administrador
estrada do vilan
+5 # NORABOAestrada do vilan 25/11/2010 19:51
MOITAS FELICIDADES VECIÑOS. ACABO DE ENTERARME AHORA , ME ALEGRO MUCHO. VENGA AHORA A OLVIDAR TODO LO MAS PRONTO POSIBLE Y A PESCAR MUCHO
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
+6 # RE: O Tribunal Supremo absolve aos armadores camariñánsmantida 25/11/2010 20:10
Muitas felisidades para Manuel,Carlos,F elipe e chabely,por salir libres de todos os carjos, pero tamen darllle as miñas felisitasions a tres personas que sei que o pasaron muy mal,seus pais e seu herman estudiante, e como non a demas familia,Alejrom e de que todo vos salira ben, xa o selebraremos, e xa vos felisitaren personalmente.
Responder | Denunciar ante o administrador
MTCC
+6 # RE: O Tribunal Supremo absolve aos armadores camariñánsMTCC 25/11/2010 20:14
Alejrome muito dq todo salira asi de ben q o meresedes..ahor a a sejir pescando moito saludoss... :lol: :lol:
Responder | Denunciar ante o administrador
gelinita
+5 # RE: O Tribunal Supremo absolve aos armadores camariñánsgelinita 25/11/2010 20:29
enhoraboa son marisa do catarelo alegrome ben que todo salira ben suerte para todos para felipe esperamos que toda sala ben que o merese saludos marisa
Responder | Denunciar ante o administrador
adry
+5 # RE: O Tribunal Supremo absolve aos armadores camariñánsadry 25/11/2010 20:36
FELICIDADESS familia, alegroume un montón ésta pedazo de noticia, merecíades que todo salira así como salío, FELICIDADESSSSS SS ahora a reírse na cara d moitos q non vos apoyaban e confiaban en vos!!!!!!besiño ss a todos!!! adry
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+4 # RE: O Tribunal Supremo absolve aos armadores camariñánsBeldoña 25/11/2010 20:40
Pois ahora, sí que había que tirar foguetes. Foguetes ó aire pa facer calar as calumnias da prensa sensacionalista que, tan so busca ó propio interes, e que ese foguetes falen ben alto.
FELICIDADES AMIGOS E A CELEBRALO.
Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador
E logo ti de quen es
+4 # RE: O Tribunal Supremo absolve aos armadores camariñánsE logo ti de quen es 25/11/2010 21:12
Enhoraboa e Felicidades.
Responder | Denunciar ante o administrador
jose de marta
+4 # RE: O Tribunal Supremo absolve aos armadores camariñánsjose de marta 25/11/2010 21:20
Enhorabuena a toda a familia xa que o meresedes,eso e muito mais,espero que todo sala ben,cuidadevos muito e fasede festa rachada .
Responder | Denunciar ante o administrador
lucia018
+3 # RE: O Tribunal Supremo absolve aos armadores camariñánslucia018 25/11/2010 22:16
Enorabuenaa a toda a familiaa...aleg rome q todo salise ben. :P espero q o resto tamen se arregle.
Responder | Denunciar ante o administrador
pili_camariñas
+5 # pili!pili_camariñas 25/11/2010 22:42
aqui e donde se be a xente q qere ben a miña familia! bueno muitas gracias os apollos,ahora a sejir pa diante e q sea o q dios qeira! saludoss
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
+4 # RE: O Tribunal Supremo absolve aos armadores camariñánsrubiasexy 25/11/2010 22:49
serto don de seve axente e en estas o casion gracias diego e marcos por tanta axuda que estades afacer ca miña familia sefa eos pedros
Responder | Denunciar ante o administrador
tendillo
+4 # xusticiatendillo 26/11/2010 11:34
Dios e xusto .Alejrome un momton por estas familias camariñanas.Sue rte e unha apreta.
Responder | Denunciar ante o administrador
marian
+4 # RE: O Tribunal Supremo absolve aos armadores camariñánsmarian 26/11/2010 12:54
felicidades a toda la familia Lin, muy especialmente a Estu
Responder | Denunciar ante o administrador
juanillo
+3 # RE: O Tribunal Supremo absolve aos armadores camariñánsjuanillo 26/11/2010 16:58
Noraboa familia!!!!!!.
Felipe ti tranquilo que o teu vai quedar en nada tamén, xa verás. Un saludo a todos
Responder | Denunciar ante o administrador
Galaico
+2 # DE ALGO TEN QUE SERVIRGalaico 17/03/2011 14:45
NON LLE DESEXO MAL A NINGUEN E QUE TODO SEXA PARA BEN, PERO DESDE LOGO NON ME GUSTA CONVIVIR CON XENTE QUE INTOXICA E INFECTA A MIÑA TERRA. ALGO TEREMOS QUE FACER CON TANTO CAMELLO E APRENDIZ DO MESMO E A ESA XENTE HAI QUE BOICOTEALA PORQUE ACABA COS NOSOS FILLOS, POR ISO NON SOPORTO A XENTE QUE SE MOVE SO POR CARTOS, POR MERCEDES... SEN PENSAR NOS DEMAIS, OS DEMAIS SO SOMOS PARA ELES ALGO DO QUE SE PODEN APROVEITAR. POR ISO HAI QUE DEIXAR QUE A XUSTIZA ACTUE E NOS CUMPLIR CO NOSO PAPEL. ALA CADA UN COA SUA CONCIENCIA PERO EU NON METO A MAN NO LUME POR NINGUEN, EU NON ME DEIXO LEVAR A ENGAÑO, ENGAÑASE O QUE SE QUERE ENGAÑAR E ALA ELES, PERO O FUTURO DA COSTA DA MORTE ESTA NAS NOSAS MANS.
TODO O MUNDO QUERE PESCAR MAIS PERO HAI QUE FACELO RACIONALMENTE, SEN TRAMPAS, SEN HIPOTECAR O FUTURO DOS QUE VEÑEN DETRAS OU É QUE OS DEMAIS BARCOS SON PARVOS.
SE NON VOS GUSTA O MEU RAZONAMENTO SINTOO COMPAÑEIROS PERO RAZOADEME VOS EXPLICADEME O QUE BUSCADES PORQUE EU NON VOS ENTENDEO
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+2 # INDULTOBeldoña 17/03/2011 16:49
Respondendo á GALAICO, hei de dicirlle que ten toda a razón do mundo. Agora ben, aquí hai que distinguir dúas cousas moi importantes e moi distintas.
Unha, á d´aqueles que trafican coa droga, MATANDO E DESTRUÍNDO á nosa xuventude, para os que non debe haber ningún tipo de clemencia, e que todo ó peso da Lei, debe caer sobre eles, sen miramientos, e sen contemplacións.
Outra, moi distinta, e ó tema da pesca ilegal con explosivos que, como ben dis, destrúe ó medio mariño e ó futuro dos nosos fillos, e que eu, naturalmente, tampouco estou d´acordo con esa forma de proceder.

A Xustiza xa se pronunciou e, unicamente, houbo un condenado…e, por tenencia de explosivos…¿ Por que, entón, firmamos pa que se lle concedera un indulto…? Eu penso, que todos na vida temos cometido algunha vez un erro…e, que este sen culpa, que arroxe a primeira pedra.

Os poucos anos, o non pensar debidamente as consecuencias, o afán de mellorar, etc…,fannos cometer erros que, co tempo, ímonos percatando dos fallos cometidos na nosa xuventude.
Todo o mundo ten dereito a unha nova oportunidade, e aprender de que iso non é a maneira, nin se pode facer.

O bo corazón da gran maioría da xente do mar, demostrase dende fai moitísimos anos cando, de forma desinteresada e espontaneamente , agasallaban con bolsas de peixe á todo o mundo, coñecidos ou non, que contemplaban nos peiraos á descarga ( por exémplo, de sardiña ), e, iso, asegúrocho, xa o estaban a facer os seus pais e os seus avós, coma ti, tamén, o sabrás.

Por todo iso, eu firmei, porque sei que no fondo, son boa xente.

Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador