4.0357142857143 1 1 1 1 1 Rating 4.04 (28 Votes)

O xuíz nega a fianza e os nosos veciños Manuel, Carlos e Felipe seguirán en prisión.

Os tres irmáns Felipe, José Manuel e Carlos seguirán na cadea.
Os tres irmáns Felipe, José Manuel e Carlos seguirán na cadea.

Non temos palabras para describir o que sentimos. Esta mañá soubemos polos medios de comunicación que o xuíz de instrucción número 2 de Corcubión non cambiara de parecer e, a pesar das firmas dos veciños, das asociacións e institucións que se involucraron, os nosos tres IRMÁNS sigan na cadea. De todos modos hai que decir tamén que o avogado dos tres detidos presentou xa o recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña

Polo menos, unha cousa que sí se conseguíu foi que os periódicos falen de presuntos delitos e o término "terroristas do mar" que tanto lles gustaba non o volveran a utilizar. Desde aquí damos un abrazo a toda a familia e que conten con nos para o que faga falta. Siempre estaremos con eles.


A Familia Lin necesita os vosos ÁNIMOS! Dádellos dentro desta noticia, todos os usuarios tendes que firmar para apoiar á Familia Lin nestes momentos tan duros que está pasar.

Comentarios   

Noelia
0 # Este juez non ten piedade desta familiaNoelia 11/10/2007 13:34
Cando leín a noticia esfumaronseme as esperanzas de que os nosos veciños estiveran de novo no seu pueblo e coa sua xente. É injusto o que lles está a pasar. Este juez non ten piedade desta familia e menos do pueblo de Camariñas que o está a pasar tan mal por ver a tres dos nosos compatriotas encerrados nun lugar que para eles non tiña por que existir. Sintoo moitísimo e estou triste por esta noticia. Creo que nadie a esperaba xa que todos tíñamos a ilusión e as esperanzas de que esto non sucedera nunca e os deixasen vir pas suas casas. Sintoo moito pola familia Lin e pola familia de Chabely. Solo darvos ánimos aunque xa non se sabe como. Un saludo
Responder | Denunciar ante o administrador
gancho loco
0 # gancho loco 11/10/2007 19:22
Dende Segovia, mándobos ánimos para toda a familia Lin.
Responder | Denunciar ante o administrador
maria pilar
0 # maria pilar 12/10/2007 23:46
animo para a familia e as esperanzas nunca deben perderse.
Responder | Denunciar ante o administrador