- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Caso contra a Familia Lin Caso contra a Familia Lin
- Created: 03 Outubro 2007 03 Outubro 2007

O locutor Marcial Mouzo firmou o domingo no taboleiro da solidariedade do Bar Gaviota
Este domingo 30 de Setembro esa entente mediática que se está a formar entre Marcial Mouzo e camarinas.eu xa deixaron antes que nadie constancia da súa solidariedade con Manuel, Carlos e Felipe, os nosos tres mariñeiros membros da familia Lin que seguen na cadea e claman pola súa liberdade. Marcial Mouzo, ese gran locutor radiofónico Camariñán quixo facer público o seu apoio firmando no taboleiro que está exposto no Bar Gaviota de Camariñas, ese bar de arrecendo mariñeiro que posúe unhas das mellores tapas do noso pobo e ao que tanto eles solían ir a xogar ao truco despois das duras singladuras mariñeiras que Carlos e Manuel tiñan que pasar para poder levar un cacho de pan ás súas queridas familias. O domingo Marcial xa firmara. camarinas.eu tamén. Inspirábanos as sabias e fermosas palabras dese gran poeta Camariñán da dor que é Bufardo, as cales, nun xesto de gran humanidade colgaron os donos do bar Gaviota (Sesé e Marcos) ao lado dereito do taboleiro. O papel estaba plastificado sen dúbida para que as bagoas dos Camariñáns non malbaraten a poesía do mellor dos nosos bardos.
Comentarios
Cal era a critica ¿ decir que esta paxina fai autobombo de si mesmo ¿ Chamarse ente mediatica a unha paxina que non respeta a liberdade de expresión ….
Decir que a paxina deveria poñer un link para poder firmar e axudar a familia LIN? Pois necesitan 7000 firmas , ou foi decir que xa ubo xente que o fixo como o SOE , o PP a propia familia e particulares?
Esta paxina as veces si representa claramente o que e Camariñas e eso si e moi triste ….
E o peor e que deven de pensar que ninguen se da conta do que fan ….
O mesmo fixo o axuntamento no seu foro no seu dia asta que deixou de permitir que os beciños pudiesen opinar no da sua paxina viva a opresión e o fascismo.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.