Camelle comeza as xornadas de Pinchos Saudables do Concello de Camariñas

Camelle desfrutará das Xornadas de Pinchos Saudables do Concello de Camariñas

O Concello de Camariñas, en colaboración co Consultorio de Camelle, o doutor Fernando Cuadrado, a Farmacia de Camelle e a Asociación de Veciños A Pergoliña organizará do 15 ao 19 de marzo as ‘Xornadas de pinchos saudables’ en Camelle, onde establecementos da localidade participarán neste evento gastronómico. ...
Inaugurada a exposición Imaginatio Mare no Museo de Man de Camelle

Inaugurada a exposición Imaginatio Mare no Museo de Man de Camelle

Este pasado sábado 23 de febreiro de 2019 tiña lugar no impresionante Museo Man de Camelle a inauguración da exposición 'Imaginatio Mare' do artista catalán Joan Pascual Roca. Ademais do autor da obra estiveron presentes a alcaldesa do Concello de Camariñas, Sandra Insua Rial xunto ao segundo tenente de alcalde e concelleiro por Camelle Juan Carlos Canosa Marcote que presentaba a inauguración. Ata a última fin de semana de marzo poderase visualizar o traballo deste artista catalán, que a través da técnica da pintura con tinta chinesa invita ao expectador a somerxerse dunha maneira case existencial no ecosistema mariño. Ao remate do acto de inauguración o artista non quixo perderse a oportunidade de fotografiarse xunto a estatua do Alemán de Camelle en homenaxe a Man cun grupo de visitantes de Baleares. ...
Obras de mellora na perigosa Rúa A Pergoliña de Camelle

Obras de mellora na perigosa Rúa A Pergoliña de Camelle

¿Nunca viron vostedes esas sensacionalistas reportaxes sobre as carreteras máis perigosas do mundo? Serpenteantes camiños incrustados sobre unhas escarpadas montañas sin apenas balados que protexan dunha caída ao vacío ao longo dunha cordilleira perdida do Tibet. Pois resulta que aquí en Camelle tiñamos unha delas e nos sin enterarnos! Dase a circunstancia de que hai unhas semanas o goberno municipal se poñía mans a obra para resolver este perigoso vial da parroquia do Espírito Santo e encargoulle a nosa querida Patrulla Municipal de Obras os traballos de remodelación desta perigosa rúa camellana. O caso é que despois dunhas duras e perigosas xornadas de traballo os operarios da PMO lograron a milagre de convertir este inseguro camiño nunha firme rúa. Outro éxito engadido ao apabullante currículo da nosa entrañable Patrulla Municipal de Obras. ...

Próximos obradoiros de entroido no Museo Man de Camelle

O Museo Man de Camelle, de Camariñas, organizará os días 2 e 3 de marzo uns obradoiros polo Entroido. O obxectivo principal do programa é o fomento da aprendizaxe mediante a experimentación persoal. As persoas inscritas poderán realizar máscaras ou un bálsamo labial libre de tóxicos. Tamén haberá xogos. Este compendio de actividades permitirán poñer en práctica as artes prácticas, pero tamén poñer en valor o consumo responsable. ...
Don Manuel Pérez Sánchez, veciño de Arou, Descanse en Paz

Don Manuel Pérez Sánchez, veciño de Arou, Descanse en Paz

Na mañán deste invernal xoves 31 de xaneiro esta redaacción era coñecedora da triste noticia que nos chegaba dende a nosa querida parroquia de Arou. O querido veciño da vila de San Bartolo Don Manuel Pérez Sánchez deixaba repentinamente este mundo aos seus tempranos 60 anos de idade. O corpo sen vida de Don Manuel está sendo velado no Tanatorio Parroquial de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairá cara a Igrexa de San Bartolo de Arou ás 15:45 da tarde deste venres 1 de febreiro. Xa no sagrado tempo de Arou será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don Manuel para, acto seguido, ser celebrado o seu sepelio onde os restos mortais deste querido veciño de Arou terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Manuel Pérez Sánchez. Descanse en Paz. ...