5 de xuño de 2015, data histórica para Camelle: Inaugúrase o Museo Man de Camelle

5 de xuño de 2015, data histórica para Camelle: Inaugúrase o Museo Man de Camelle

O vindeiro 5 de xuño as 19:00 horas terá lugar a inauguración da exposición permanente “Museo Man de Camelle”, na Casa do Alemán (rúa do Muelle no 9, Camelle, Camariñas). Esta exposición é a culminación do proxecto financiado polo GAC 3 Costa da Morte e o Concello de Camariñas , “MAN: mar, Arte e Natureza”, centrado na posta en valor do porto pesqueiro de Camelle e na recuperación do legado artístico de Manfred Gnädinger, co fin derradeiro de fomentar o turismo na comunidade costeira local. ...
Resumo do II Obradoiro MAN: Mar, Arte e Natureza

Resumo do II Obradoiro MAN: Mar, Arte e Natureza

O derradeiro fin de semana desenvolveuse en Camelle (Camariñas) o segundo Obradoiro MAN: Mar, Arte e Natureza. Estes encontros encádranse dentro do proxecto de posta en valor do porto pesqueiro de Camelle e na recuperación do legado artístico de Manfred Gnädinger, financiado con fondos europeos a través do Grupo de Acción Costeira 3 Costa da Morte. ...
Resumen dos obradoiros Man: Mar, arte e natureza

Resumen dos obradoiros Man: Mar, arte e natureza

Este fin de semana desenvolveuse en Camelle (Camariñas) o primeiro Obradoiro MAN: Mar, Arte e Natureza. Estes encontros encádranse dentro do proxecto de posta en valor do porto pesqueiro de Camelle e na recuperación do legado artístico de Manfred Gnädinger, financiado con fondos europeos a través do Grupo de Acción Costeira 3 Costa da Morte. ...
Obradoiros MAN: Mar, Arte e Natureza - Foto : Genaro Díaz

Obradoiros MAN: Mar, Arte e Natureza

Centrado na posta en valor do porto pesqueiro de Camelle e na recuperación do legado artístico de Manfred Gnädinger, “MAN: Mar, Arte e Natureza”, é un produto turístico-cultural que, a través do Grupo de Acción Costeira 3 Costa da Morte e grazas a financiación con fondos europeos, persigue coma fin fomentar o turismo na comunidade costeira local. ...
Momento no que se exhuman os restos do Alemán de Camelle para trasladalos á súa casa

Unha estatua para Man, o artista de Camelle

Comparado con outras terras, non é Camariñas un lugar moi dado a estatuas. Non digamos por comparanza cunha cidade como Oviedo onde de non andar con ollo un estampará irremisiblemente os fuciños contra calqueira das esculturas que coma fungos brotaron por tódalas rúas e plazas da capital asturiana nestes últimos anos. Ou con megaurbes como Moscú onde sátrapas comunistas, héroes militares, forzudos proletarios ao máis puro estilo do realismo socialista ou, agora, figuras do pasado imperial e relixosos ortodoxos sucédense sen solución de continuidade en xigantescas figuras de pedra e bronce. Non, aquí, apenas unha estatua á muller traballadora e outra á palilleira e xa vai que chuta. Incluso en tempos nalgúns ámbitos baraxárase a posibilidade de erixir un humilde recordo ao gran represaliado por antonomasia do Franquismo en Camariñas, Jacinto Campaña Martínez, fusilado polas tropas nacionais en Luarca un aciago día do lonxano e terrible ano de 1936. Este, como tantos e tantos proxectos, quedou en nada, sen embargo o que sí que parece que arranca con forza é a novedosa iniciativa municipal de erixir un recordo ao maior embaixador artístico que tivo en sorte coñecer o Concello de Camariñas durante o século XX: Manfred Gnadinguer, o Alemán de...