O Concello de Camariñas acondiciona os parques de Camelle

O Concello de Camariñas acondiciona os parques de Camelle

O Concello de Camariñas acaba de adxudicar a obra de acondicionamento do parque infantil Área do Bote de Camelle, cun orzamento de máis de 34.000 euros. Os traballos enmárcanse no plan PAS, que financia a Deputación da Coruña. ...
O Concello de Camariñas prepara un roteiro para coñecer o legado de Man

O Concello de Camariñas prepara un roteiro para coñecer o legado de Man

O Concello de Camariñas prepara varias actividades durante o vindeiro mes de abril relacionadas co Alemán de Camelle. Os sábados 8 e 15 de abril levarase a cabo a actividade “Descubrindo a Manfred Gnädinger”, un roteiro de catro quilómetros para coñecer o legado do artista. A saída está prevista para as dez da mañá no Museo de Man e rematará despois das dúas da tarde no xardín museo que construiu o artista. ...
O Concello de Camariñas aproba as obras para restaurar a Casa de Man - Foto

O Concello de Camariñas aproba as obras para restaurar a Casa de Man

A Xunta de Goberno do Concello de Camariñas acaba de aprobar o expediente de contratación para as obras de recuperación da Casa de Man, na localidade de Camelle. O proxecto, que está financiado pola Depuración da Coruña, ten un orzamento de 24.990,42 euros. ...
Eleuterio Marcote Carracedo, Descanse en Paz

Eleuterio Marcote Carracedo, Descanse en Paz

Na tarde noite deste xoves 18 de xuño de 2015 a redacción desta web coñecía a tráxica morte do querido veciño de Camelle Don Eleuterio Marcote Carracedo. Don Eleuterio, de 77 anos de idade, falecía despois dunha longa loita contra unha enfermidade que ao final acabou coa vida do noso querido amigo. O corpo sen vida de Don Eleuterio está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín dende onde sairá as 20:30 da tarde deste venres 19 de abril cara a Igrexa Parroquial de Camelle onde será celebrado o seu funeral de corpo presente. Dende Camarinas.eu queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Eleuterio, especialmente a súa dona Carmen, súa irmán Magarita así como aos seus sobriños e amigos desta redacción Macarena e Juan Carlos Canosa Marcote. Descanse en Paz. ...
5 de xuño de 2015, data histórica para Camelle: Inaugúrase o Museo Man de Camelle

5 de xuño de 2015, data histórica para Camelle: Inaugúrase o Museo Man de Camelle

O vindeiro 5 de xuño as 19:00 horas terá lugar a inauguración da exposición permanente “Museo Man de Camelle”, na Casa do Alemán (rúa do Muelle no 9, Camelle, Camariñas). Esta exposición é a culminación do proxecto financiado polo GAC 3 Costa da Morte e o Concello de Camariñas , “MAN: mar, Arte e Natureza”, centrado na posta en valor do porto pesqueiro de Camelle e na recuperación do legado artístico de Manfred Gnädinger, co fin derradeiro de fomentar o turismo na comunidade costeira local. ...