Eleuterio Marcote Carracedo, Descanse en Paz

Eleuterio Marcote Carracedo, Descanse en Paz

Na tarde noite deste xoves 18 de xuño de 2015 a redacción desta web coñecía a tráxica morte do querido veciño de Camelle Don Eleuterio Marcote Carracedo. Don Eleuterio, de 77 anos de idade, falecía despois dunha longa loita contra unha enfermidade que ao final acabou coa vida do noso querido amigo. O corpo sen vida de Don Eleuterio está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín dende onde sairá as 20:30 da tarde deste venres 19 de abril cara a Igrexa Parroquial de Camelle onde será celebrado o seu funeral de corpo presente. Dende Camarinas.eu queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Eleuterio, especialmente a súa dona Carmen, súa irmán Magarita así como aos seus sobriños e amigos desta redacción Macarena e Juan Carlos Canosa Marcote. Descanse en Paz. ...
5 de xuño de 2015, data histórica para Camelle: Inaugúrase o Museo Man de Camelle

5 de xuño de 2015, data histórica para Camelle: Inaugúrase o Museo Man de Camelle

O vindeiro 5 de xuño as 19:00 horas terá lugar a inauguración da exposición permanente “Museo Man de Camelle”, na Casa do Alemán (rúa do Muelle no 9, Camelle, Camariñas). Esta exposición é a culminación do proxecto financiado polo GAC 3 Costa da Morte e o Concello de Camariñas , “MAN: mar, Arte e Natureza”, centrado na posta en valor do porto pesqueiro de Camelle e na recuperación do legado artístico de Manfred Gnädinger, co fin derradeiro de fomentar o turismo na comunidade costeira local. ...
Resumo do II Obradoiro MAN: Mar, Arte e Natureza

Resumo do II Obradoiro MAN: Mar, Arte e Natureza

O derradeiro fin de semana desenvolveuse en Camelle (Camariñas) o segundo Obradoiro MAN: Mar, Arte e Natureza. Estes encontros encádranse dentro do proxecto de posta en valor do porto pesqueiro de Camelle e na recuperación do legado artístico de Manfred Gnädinger, financiado con fondos europeos a través do Grupo de Acción Costeira 3 Costa da Morte. ...
Resumen dos obradoiros Man: Mar, arte e natureza

Resumen dos obradoiros Man: Mar, arte e natureza

Este fin de semana desenvolveuse en Camelle (Camariñas) o primeiro Obradoiro MAN: Mar, Arte e Natureza. Estes encontros encádranse dentro do proxecto de posta en valor do porto pesqueiro de Camelle e na recuperación do legado artístico de Manfred Gnädinger, financiado con fondos europeos a través do Grupo de Acción Costeira 3 Costa da Morte. ...
Obradoiros MAN: Mar, Arte e Natureza - Foto : Genaro Díaz

Obradoiros MAN: Mar, Arte e Natureza

Centrado na posta en valor do porto pesqueiro de Camelle e na recuperación do legado artístico de Manfred Gnädinger, “MAN: Mar, Arte e Natureza”, é un produto turístico-cultural que, a través do Grupo de Acción Costeira 3 Costa da Morte e grazas a financiación con fondos europeos, persigue coma fin fomentar o turismo na comunidade costeira local. ...