O Concello de Camariñas licita as obras da Rúa de Abaixo en Arou

O Concello de Camariñas licita as obras da Rúa de Abaixo en Arou

O Concello de Camariñas ven de anunciar a licitación das obras de pavimentación e saneamento da Rúa de Abaixo, de Arou, con cargo o Plan de Obras e Servicios (POS+) correspondente a este exercicio económico. O orzamento é de 106.992,13€ e o prazo para a entrega de documentación, por parte das empresas interesadas, é ata o 4 de decembro. ...
Dona María Pose Carracedo, Descanse en Paz

Dona María Pose Carracedo, Descanse en Paz

Na noite deste martes 24 de outubro a redacción desta web era conocedora do pasamento da veciña de Camelle Dona María Pose Carracedo aos seus 84 anos de idade. Dona María, moi querida en toda a parroquia de Camelle, era viuva de Don Manolo de Pura e tiña dúas fillas, Mercedes e Mari Pura ás que queremos transmitir todo o noso apoio nestes duros momentos que están a vivir. O corpo sen vida de Dona María está sendo velado na Sala 1 do Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairá este mércores 25 de outubro ás 17:15 cara a súa querida Igrexa do Espíritu Santo de Camelle onde será oficiado o funeral de corpo presente de Dona María. Acto seguido procederase a celebrar o seu sepelio no cemiterio parroquial de Camelle onde os restos mortais de Dona María descansarán eternamente. Vaia dende esta redacción o noso máis sinceiro pésame a toda a familia e amigos de Dona María Pose Carracedo. Descanse en Paz. ...
O Alcalde Pichurri xunto co adxudicatario da obra de restauración da caseta de Man

A recuperación da caseta do Alemán de Camelle xa é unha realidade

Data histórica para Camelle a deste luns 23 de outubro na que foi rubricado o esperado contrato para a recuperación da caseta de Man de Camelle. A modesta instalación que foi fogar, estudo, museo e laboratorio de todo o mundo máxico de Manfred Gnädinger será rehabilitado gracias á colaboración entre a Deputación da Coruña e o Concello de Camariñas. ...
Dona María Mouzo Bermúdez, Descanse en Paz

Dona María Mouzo Bermúdez, Descanse en Paz

Na tarde deste venres 13 de outubro falecía no Hospital Juan Canalejo da Coruña a nosa querida veciña Dona María Bermúdez Mouzo aos seus 86 anos de idade. Dona María do Prixelo, como era máis coñecida na nosa entrañable parroquia de San Bartolo de Arou, está sendo velada na Sala 1 do Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto. Dende alí sairán os restos mortais de Dona María cara a Igrexa de San Bartolo de Arou na tarde deste sábado 14 de outubro ás 15:45 horas para celebrarse despois o seu funeral de corpo presente. Vaia dende esta redacción todo o noso apoio nestes duros momentos a toda a familia e amigos de Dona María Mouzo Bermúdez, moi especialmente ao seu marido, noso querido e admirado amigo Chuco "O Prixelo" ao que lle queremos transmitir moita forza e todo o ánimo do mundo. Descanse en Paz. ...
José Ramón Pasantes Carril, Descanse en Paz

José Ramón Pasantes Carril, Descanse en Paz

Este luns 18 de setembro de 2018 recibíamos a tráxica noticia do falecemento do veciño de Camariñas D. José Ramón Pasantes Carril aos seus tempranos 58 anos de idade. O cadáver de Don José Ramón era atopado na súa casa de Camariñas este mesmo luns e de seguido foi levantado o cadáver e trasladado a instalacións hospitalarias aínda por determinar onde lle foi realizada a autopsia. O corpo sen vida de D. José Ramón está sendo velado no Tanatorio Costa de Vimianzo dende onde sairá ás 16:30 da tarde deste mércores 20 de setembro para ser celebrado o seu funeral de corpo presente na Igrexa Parroquial do Espíritu Santo de Camelle. Vila onde D. José Ramón estaba casado e tiña dous fillos. Dende esta redacción queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don José Ramón Pasantes Carril Descanse en Paz. ...