O Museo Man de Camelle entra a formar parte da prestixiosa ‘European Outsider Art Asociation’

O Museo Man de Camelle entra a formar parte da prestixiosa ‘European Outsider Art Asociation’

O Museo Man de Camelle vén de ser aceptado como integrante da ‘European Outsider Art Asociation’, unha asociación europea de museos de arte marxinal que conta con 89 membros en total dos que unicamente 8 son exposicións españolas. No mes de outubro os responsables do Museo Man de Camelle presentaron a candidatura para que a obra de Manfred Gnädinger entrase a formar parte desta asociación co obxectivo de aumentar a difusión da colección do artista alemán afincado en Camariñas. ...
Don Manuel Pose Vidal, veciño de Camelle, Descanse en Paz

Don Manuel Pose Vidal, veciño de Camelle, Descanse en Paz

Continúa o incesante goteo de tráxicas noticias que está a asolar todo o concello de Camariñas. Na madrugada deste domingo 11 de novembro falecía na súa casa o querido veciño de Camelle Don Manuel Pose Vidal aos seus 87 anos de idade. Os restos mortais de Don Manuel "O Moreno", tamén coñecido como O Taxista de Camelle, están sendo velados no Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde serán trasladados cara a Igrexa Parroquial do Espíritu Santo de Camelle ás 15:45 deste luns 12 de novembro. Alí, no sagrado templo camellán, será celebrado o seu funeral de corpo presente para, acto seguido, realizarse o sepelio deste estimado veciño de Camelle. Vaia dende esta redacción toda a forza e cariño a toda a familia e amigos de Don Manuel nestes duros momentos que están a pasar. Descanse en Paz. ...
Don Hermindo Pose Méndez, veciño de Camelle, Descanse en Paz

Don Hermindo Pose Méndez, veciño de Camelle, Descanse en Paz

Día tráxico o deste luns 21 de maio na parroquia de Camelle trala confirmación da triste noticia da morte do noso querido amigo Don Hermindo Pose Méndez aos 52 anos de idade despois dunha dura loita contra unha terrible enfermidade que ao final levouse a vida deste xoven veciño de Camelle. O corpo sen vida de Don Hermindo, querido e respetado por todos aqueles que tivemos a sorte de coñecelo, está sendo velado no Tanatorio Parroquial da Ponte do Porto, dende onde sairá cara a Igrexa do Espíritu Santo de Camelle ás 16:00 horas da tarde deste martes 22 de maio. Xa no sagrado templo camellán será celebrado o funeral de corpo presente de Don Hermindo para, acto seguido, ser realizado o seu sepelio no Cemiterio Veciñal de Camelle. Dende esta redacción queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia de Don Hermindo, especialmente a súa dona Isabel e a seu fillo noso amigo Hermindo nestes duros momentos que están a vivir. Don Hermindo Pose Méndez, Descanse en Paz. ...
Don Pedro Vázquez Carracedo, veciño de Camelle, Descanse en Paz

Don Pedro Vázquez Carracedo, veciño de Camelle, Descanse en Paz

Na tarde deste xoves 3 de maio de 2018 falecía un dos veciños máis lonxevos da parroquia camellana. Estamos a falar de Don Pedro Vázquez Carracedo, querida e respetada persoa que finaba aos seus 96 anos de idade. Don Pedro, máis coñecido en toda a vila de Camelle polo fillo de Herminia de Pedro, está sendo velado na Sala I do Tanatorio Parroquial da Ponte do Porto, dende onde sairá cara a súa querida Igrexa do Espíritu Santo de Camelle ás 15:45 da tarde deste venres 4 de maio de 2018. Alí, no sagrado templo camellán será celebrado o funeral de corpo presente de Don Pedro para, acto seguido procederse ao seu sepelio no Cemiterio Veciñal de Camelle onde os restos mortais deste querido veciño da vila norteña do concello terá merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Pedro Vázquez Carracedo. Descanse en Paz. ...
Don José Tedín Pérez, veciño de Camelle, Descanse en Paz

Don José Tedín Pérez, veciño de Camelle, Descanse en Paz

Na tarde deste desapacible domingo 29 de abril falecía na Coruña o querido veciño de Camelle Don José Tedín Pérez aos seus 87 anos de idade despois dunha larga enfermidade que o tivo convalecente nunha cama durante anos e anos. Don José, máis coñecido en Camelle como Pepe de Heleodoro e en Camariñas como o pai de Luis do Lavado e Engrase, está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas dende onde sairán os seus restos mortais ás 16:30 da tarde deste luns 30 de abril para ser celebrado o seu funeral de corpo presente na Igrexa Parroquial do Espírito Santo de Camelle. Acto seguido será realizado o seu sepelio no Cemiterio Veciñal de Camelle donde o corpo sen vida do Señor Pepe de Heleodoro terá merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de don José Tedín Pérez. Descanse en Paz. ...