Unha serpe morde a unha nena en Arou

Imaxe dunha víbora Seoane Esta tarde-noite unha rapaza de Arou foi mordida por unha serpe mentres paseaba coa súa nai.Os redactores de camarinas.eu tiveron noticias do ataque dunha serpe a unha rapaza de Arou. Estamos á espera de confirmar os datos, pero temos constancia de que a dita rapariga atópase no hospital, estable e recibindo tratamento contra o veleno desta serpe que presumiblemente se trataba dunha víbora. Estaremos ao tanto para informar do estado da nena toda esta noite. Se tendes algunha información podedes compartila comentando este artigo....

Resultado final enquisa Museo de Man

Participa no teu Concello Camarinas.eu naceu ca vontade de convertirse nun cauce democrático para fomentar a participación dos camariñáns na toma das decisións que lles abranguen directamente. Hoxe mostrámoslles os resultados da nosa primeira enquisa: "Que facer co museo de Man". Unha mostra decididamente representativa cuios resultados amosan que de unha forma amplamente maioritaria, prácticamente un 40% do electorado de Camarinas.eu, decántase por impoñer algún tipo de vixilancia, solución que a xuizo desta redacción non solucionaría o problema do mantemento do legado de Man no tempo. ...
Os turistas sortean facilmente as vallas

Invasion de turistas na Casa do Alemán de Camelle

Fai uns días, os redactores de camarinas.eu, fomos testemuñas do que está a acontecer en Camelle semana tras semana. Os turistas procedentes de moitos puntos de España (incluso algúns autobuses) sortean facilmente as ruinosas vallas que protexen o museo da entrada de curiosos, ou algo peor. ¿Quen nos asegura que non se está a expoliar o legado de Man? Ademáis, estes turistas corren serio perigo de accidente xa que entran no museo trepando e sorteando os penedos e pedras da costa e tamen se suben ás que alí puxo Man, como se pode ver na reportaxe fotográfica que podedes ver no interior da noticia. ...
Estado actual do Museo de Man, o Alemán de Camelle

O museo de Man, o Alemán de Camelle, esmorece no abandono

Catro anos despois do falecemento de Man pode verse como o seu legado desaparece sen que nadie tome cartas no asunto. Despois de achegarnos onte ata a fermosa Vila de Camelle poidemos comprobar como os turistas entran no recinto de Man libremente sen que nadie o impida, xa que non está acordonado o recinto e está exento de vixilancia. ¿Que impidie que calqueira poida levar consigo pezas do patrimonio artístico que Man legou a tódolos Camelláns e polo tanto a tódolos Camariñáns? ¿Que fan as distintas Administracións para impedir esta lenta agonía do noso patrimonio cultural? Tendo en conta a importancia económica que sempre tivo o Museo de Man para o noso Concello e aínda máis, para toda Costa da Morte como punto de achega de turístas, desde esta web gustaríanos ver algún tipo de solución o máis axiña posible. Antes de que sexa tarde. ...
Vista de Camelle desde o aire

Continúan as Festas do Carmen de Camelle

Desde o Venres ata o Domingo non se para en Camelle. A Festa do Carmen de Camelle ten un tempo inmellorable co que a afluencia de xente está asegurada. Para pasalo ben este fin de semana non fai falla marchar para Vimianzo ou  para a Carballeria de Zas. Vinde ao pueblo de Camelle que o ides pasar en grande. Para ver o programa das Festas pulsa no seguinte enlace. ...