Estado actual do Museo de Man, o Alemán de Camelle

O museo de Man, o Alemán de Camelle, esmorece no abandono

Catro anos despois do falecemento de Man pode verse como o seu legado desaparece sen que nadie tome cartas no asunto. Despois de achegarnos onte ata a fermosa Vila de Camelle poidemos comprobar como os turistas entran no recinto de Man libremente sen que nadie o impida, xa que non está acordonado o recinto e está exento de vixilancia. ¿Que impidie que calqueira poida levar consigo pezas do patrimonio artístico que Man legou a tódolos Camelláns e polo tanto a tódolos Camariñáns? ¿Que fan as distintas Administracións para impedir esta lenta agonía do noso patrimonio cultural? Tendo en conta a importancia económica que sempre tivo o Museo de Man para o noso Concello e aínda máis, para toda Costa da Morte como punto de achega de turístas, desde esta web gustaríanos ver algún tipo de solución o máis axiña posible. Antes de que sexa tarde. ...
Vista de Camelle desde o aire

Continúan as Festas do Carmen de Camelle

Desde o Venres ata o Domingo non se para en Camelle. A Festa do Carmen de Camelle ten un tempo inmellorable co que a afluencia de xente está asegurada. Para pasalo ben este fin de semana non fai falla marchar para Vimianzo ou  para a Carballeria de Zas. Vinde ao pueblo de Camelle que o ides pasar en grande. Para ver o programa das Festas pulsa no seguinte enlace. ...