Don Francisco Devesa Martínez, veciño de Camelle, Descanse en Paz

Don Francisco Devesa Martínez, veciño de Camelle, Descanse en Paz

Na tarde deste chuvioso sábado 24 de novembro de 2018 a redacción desta web era coñecedora da defunción do estimado veciño de Camelle Don Francisco Devesa Martínez aos seus tempranos 64 anos de idade. Francisco do Ruso, tal e como era máis coñecido na súa parroquia natal de Camelle, está sendo velado no Tanatorio Bergantiños da Ponte do Porto, dende onde sairá cara ás 16:15 cara a Igrexa Parroquial do Espíritu Santo de Camelle para ser celebrado o seu funeral de corpo presente. Acto seguido procederase a trasladar o féretro cos restos mortais de Don Francisco cara o Cemiterio Parroquial da vila de Camelle onde o noso querido amigo terá merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción o noso máis sinceiro pésame a toda a familia e amigos de Don Francisco, especialmente a súa irmá Rosario, seu cuñado Manolo e a súa querida sobriña Soledad. Descanse en Paz.  ...
O museo Man de Camelle acollerá unha exposición colectiva inspirada no vento e no mar

O museo Man de Camelle acollerá unha exposición colectiva inspirada no vento e no mar

Desde o 17 de novembro ata o 16 de decembro o museo Man de Camelle acollerá a exposición ‘Viento y Mar’, unha mostra colectiva na que diferentes autores interpretan este concepto a través da pintura, a fotografía e os abanicos. A exposición está organizada en colaboración coa Conselleria de Cultura, Participació i esports de Baleares e o Institut d’estudis baleàrics grazas ao vínculo existente con Antoni Torrres Martorel, unha persoa moi vencellada ao noso municipio desde o desastre do Prestige. ...
O Museo Man de Camelle entra a formar parte da prestixiosa ‘European Outsider Art Asociation’

O Museo Man de Camelle entra a formar parte da prestixiosa ‘European Outsider Art Asociation’

O Museo Man de Camelle vén de ser aceptado como integrante da ‘European Outsider Art Asociation’, unha asociación europea de museos de arte marxinal que conta con 89 membros en total dos que unicamente 8 son exposicións españolas. No mes de outubro os responsables do Museo Man de Camelle presentaron a candidatura para que a obra de Manfred Gnädinger entrase a formar parte desta asociación co obxectivo de aumentar a difusión da colección do artista alemán afincado en Camariñas. ...
Don Manuel Pose Vidal, veciño de Camelle, Descanse en Paz

Don Manuel Pose Vidal, veciño de Camelle, Descanse en Paz

Continúa o incesante goteo de tráxicas noticias que está a asolar todo o concello de Camariñas. Na madrugada deste domingo 11 de novembro falecía na súa casa o querido veciño de Camelle Don Manuel Pose Vidal aos seus 87 anos de idade. Os restos mortais de Don Manuel "O Moreno", tamén coñecido como O Taxista de Camelle, están sendo velados no Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde serán trasladados cara a Igrexa Parroquial do Espíritu Santo de Camelle ás 15:45 deste luns 12 de novembro. Alí, no sagrado templo camellán, será celebrado o seu funeral de corpo presente para, acto seguido, realizarse o sepelio deste estimado veciño de Camelle. Vaia dende esta redacción toda a forza e cariño a toda a familia e amigos de Don Manuel nestes duros momentos que están a pasar. Descanse en Paz. ...
Don Hermindo Pose Méndez, veciño de Camelle, Descanse en Paz

Don Hermindo Pose Méndez, veciño de Camelle, Descanse en Paz

Día tráxico o deste luns 21 de maio na parroquia de Camelle trala confirmación da triste noticia da morte do noso querido amigo Don Hermindo Pose Méndez aos 52 anos de idade despois dunha dura loita contra unha terrible enfermidade que ao final levouse a vida deste xoven veciño de Camelle. O corpo sen vida de Don Hermindo, querido e respetado por todos aqueles que tivemos a sorte de coñecelo, está sendo velado no Tanatorio Parroquial da Ponte do Porto, dende onde sairá cara a Igrexa do Espíritu Santo de Camelle ás 16:00 horas da tarde deste martes 22 de maio. Xa no sagrado templo camellán será celebrado o funeral de corpo presente de Don Hermindo para, acto seguido, ser realizado o seu sepelio no Cemiterio Veciñal de Camelle. Dende esta redacción queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia de Don Hermindo, especialmente a súa dona Isabel e a seu fillo noso amigo Hermindo nestes duros momentos que están a vivir. Don Hermindo Pose Méndez, Descanse en Paz. ...