4.2727272727273 1 1 1 1 1 Rating 4.27 (11 Votes)
Fai uns días, os redactores de camarinas.eu, fomos testemuñas do que está a acontecer en Camelle semana tras semana. Os turistas procedentes de moitos puntos de España (incluso algúns autobuses) sortean facilmente as ruinosas vallas que protexen o museo da entrada de curiosos, ou algo peor. ¿Quen nos asegura que non se está a expoliar o legado de Man? Ademáis, estes turistas corren serio perigo de accidente xa que entran no museo trepando e sorteando os penedos e pedras da costa e tamen se suben ás que alí puxo Man, como se pode ver na reportaxe fotográfica que podedes ver no interior da noticia.

Unha muchedumbre de turistas invade o fráxil museo de Man, o Alemán de Camelle, sen que nadie poida evitalo.

O Alcalde de Camariñas díxonos na recente entrevista que concedeu a camarinas.eu que para remediar a situación de abandono que está a sufrir o Museo do Alemán de Camelle se está a crear unha fundación, polo tanto de momento teremos que crer na súa palabra. Sen embargo de todos é sabido que a solución a este problema difícilmente virá do Concello debido a crónica situación de insuficiencia económica que sofren todos os concellos españois. Bastante fan os concellos con ter puntualmente pagados ao seu persoal e aos seus proveedores para enriba poñerlles máis gastos. Polo tanto a solución a esta situación debería artellarse a un nivel máis alto xa sexa na Deputación, na Xunta ou no Ministerio de Cultura, que son os que realmente se terían que facer cargo do Museo de Man. Pero mentres tanto, o Museo deste camellán vaisenos das mans.

Turistas intentando entrar na casa de Man
Turistas intentando entrar na casa de Man

Engadir un comentario