5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (1 Vote)

O “City of Agra” partiu de Liverpool un 29 de Xaneiro con destino a India, mais por mor de unha forte brétema e o mal tempo nunca chegaría a tal destino. No medio dese temporal acabaría a súa viaxe ao encallar nas costas de Camelle e Arou, concretamente nas illas lobeiras desta última localidade quebrando o seu casco en dous. A catástrofe puido ser total, mais por sorte os mariñeiros de Camelle e Arou reaccionaron rápido e lograron salvar a 32 dos 71 pasaxeiros e 10 máis lograron salvarse grazas ao bote salvavidas.

Disto fai xa 124 anos e, nesta fin de semana, a Asociación Naufraxios Galegos, en colaboración co Concello de Camariñas, a Asociación de Veciños de Camelle ‘A Pergoliña’ e a Confraría de Pescadores de Camelle, organiza este compendio de actividades, que se levarán a cabo tanto en Camelle como en Arou para render homenaxe ao suceso, ás vítimas e aos mariñeiros que arriscaron a súa vida para salvar aos tripulantes do “City of Agra”.

Así, comezaron hoxe, venres 15 de Outubro, as distintas actividades programadas para estes días. As 10:00 horas inaugurouse a “feira mariñeira” que se estenderá até as 20:00 horas do domingo. Durante a xornada desenvolvéronse visitas guiadas á exposición fotográfica “City of Agra. 124 anos na memoria” no Museo Man, realizáronse diversas degustacións do “I Concurso de tapas coas especias do City of Agra”, e mesmo unha recreación dunha palillada na carpa da feira Mariñeira.

Durante a xornada do sábado 16 de Outubro celebrarase un roteiro animado dos náufragos do City of Agra, cuxo punto de partida será o miradoiro das Lobeiras en Arou e que rematará no campo santo de Camelle. As 13:00 horas comezará un xantar popular para posteriormente acoller unha representación do desmalle da sardiña. Despois disto, volverá a degustación das tapas do evento gastronómico e ás 20:00 horas terá lugar o toque da campá onde un grupo de nenos e nenas percorrerán as rúas de Camelle anunciando o naufraxio do buque anglosaxón. Ás 21:30 horas desenvolverase o acto da arribada dos naufraxios, desde a explanada do Museo MAN e ás 22:00 horas pecharase a Feira Mariñeira.

O domingo 17 de outubro repetirase a degustación do “I Concurso  das tapas con especias do City of Agra” e ás 12:45 terá lugar o acto simbólico de recepción de autoridades aos náufragos salvados polos mariñeiros de Camelle e Arou, e posterior entrega de medallas aos seus patróns polo Cónsul británico.

Ás 13:00 horas haberá un pasarrúas de despedida da veciñanza de Camelle aos náufragos, e ás 18:00 horas abrirase a furna para coñecer o establecemento gañador do I Concurso de tapas con especias do City of Agra, na carpa da Feira Mariñeira. Ás 20:00 horas do domingo clausurarase o programa.

Para inscribirse nos roteiros guiados, é necesario enviar un correo ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

 

Camariñas_3.jpeg

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.