5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (1 Vote)

O movemento no museo Man de Camelle non se detén e tras o paso da exposición “Desde el mar” de Diana Bustamante xa ten unha nova data de inauguración nas súas salas, o vindeiro 17 de Xuño a partires das 20:00 horas. Trátase da exposición “Simbiosis Marina” do autor Francesc Ramis que se achega a Costa da Morte da man da liña de axudas do Instituto de Estudios Baleares, como o fixera a súa predecesora.

O autor, de orixe balear, presenta na súa obra unha serie de características que non son alleas a zona. Ao xeito de como facía no seu momento o autor local Manfred Gnädinger, Ramis utiliza elementos de refugallo recollidos no mar. Deste xeito, incorpóraos as súas obras dotándoos de unha segunda vida ao mesmo tempo que impacta na mensaxe que proxecta sobre o espectador.

A mostra permanecerá no museo até o vindeiro 11 de Xullo.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.