1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Nos últimos días o Museo Man de Camelle acolleu a presentación da memoria final do traballo de documentación sobre a vida de Manfred Gnädinger, o Alemán de Camelle, levado a cabo por Vizuals Labs. Esta enmarcase dentro da iniciativa “Proxecto Man: a Costa da Morte na mirada” que pretende realizar un documental en torno a vida do artista fincado na vila de Camelle baixo o título “Gnädinger”.

O proxecto leva anos en marcha realizando entrevistas tanto a familiares como a coñecidos e, nos últimos meses, a persoas da zona que coincidiran con el no seu momento.

Deste xeito, destacan na memoria presentada persoeiros como Marisol e Lourdes Baña, netas de Eugenia Heim, a anciá que acolleu a Man como parte da súa propia familia nos primeiros momentos de Gnädinger en Camelle. Marisol e Lourdes contan como foron eses anos, como Manfred conseguiu a súa primeira residencia na vila, a súa rutina diaria ou mesmo cales foron os motivos polos que a súa vida deu un xiro de 180 grados.

Outra das figuras destacadas que aparece na memoria presentada é a de Carlos Silvar, artista e amigo de Manfred, e que xogou un papel fundamental para a conservación e recuperación de material inédito na obra do Alemán de Camelle.

Outros participantes foron veciños de Camelle coñecedores da figura de Manfred como Vicente Balboa, Lucía Baña, Milagros Casal, Manuel Marcote ou Yolanda Muñoz, así como as dúas comisarias da exposición permanente no Museo Man, Andrea Serodio e Carmen Hermo, as cales explicaron as correntes artísticas ás que Man se adhería, o modo no que realizaba as súas obras ou as complexidades e innovacións do seu proxecto artístico.

A parte destas colaboracións o proxecto conta coa da Deputación da Coruña a través de unha subvención para proxectos singulares que lle foi concedida no ano 2020.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.