5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (7 Votes)

Outro magnífico éxito para a querida familia da nosa gran bailarina de Camelle Carla Pérez Tajes. Esta pequena artista ven de recoller, xunto a súas compañeira de equipo do Club de Baile Deportivo de Narón, o segundo premio na categoría junior de Danza Coreografica de Baile de Salón no certame de Baile Cidade de Vigo celebrado este sábado 15 de febreiro. Sen dúbida unha merecida recompensa a todo o impresionante traballo de adestramentos e sacrificio por parte desta rapaciña camellana que, gracias ao seu tesón e bo facer e gracias tamén ao decidido apoio de toda a súa familia, ven de conquistar semellante éxito. Pero esto non acaba aquí, xa que Carla e todo o seu equipo desputarán no mes de xuño o Campionato de España de Baile de Salón, do cal xa conseguiron estes dous derradeiros anos a quinta posición na clasificación final. Este ano van a ir a por todas e prometen dar moita guerra e, dinnos por aquí caladamente que Carla ten pensado conseguir nese campionato de España un importantísimo resultado que encha de orgullo a todos os camelláns. Nos dende aquí seguiremos todos os éxitos desta rapaciña que de maior quere ser fisioterapeuta, pero sen olvidar nunca a súa paixón que é o baile de salón e que xa lle inculcou á súa irmanciña Nerea. Noraboa Carla e noraboa familia!

 

Comentarios   

Verónica Tajes
+2 # RE: A camellana Carla Pérez Tajes, subcampiona no certame de baile Cidade de VigoVerónica Tajes 16/02/2020 19:30
Carla
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.