- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camelle e Arou Camelle e Arou
- Created: 11 Mai 2019 11 Mai 2019
O Museo Man de Camelle acollerá a exposición “Arte + 3 Olladas”, que amosará as obras dos artistas Soledad Pite Sanjurjo, Pedro Avila Durán e María José Pampín Bugallo. Arredor de 50 obras que presentarán tres formas de ver a vida cotiá e o mar. A presentación da mostra terá lugar o vindeiro sábado, 11 de maio, ás 19:30. A ela acudirán os creadores das pezas que estarán alí expostas. A mostra exhibirá cadros e cadernos de viaxe, entre outros elementos.
O Museo Man de Camelle acolle 3 visións diferentes de ver o mar e a vida cotiá. A exposición “Arte + 3 Olladas”, cuxa presentación terá lugar o vindeiro sábado, amosa a obra de Soledad Pite Sanjurjo, Pedro Avila Durán e María José Pampín Bugallo.
Os tres artistas protagonistas teñen formas de expresión artística ben diferenciadas. Soledad Pite amosa unhas pezas fortemente marcadas pola poesía, unha mestura entre arte gráfico e palabras. Pedro Avila achegarase ao cotiá da vida, cunha obra cargada de significado filosófico, vendo a morte como unha ameazada constante. Por outra banda, María José Pampín aporta unha temática abstracta moi relacionada co mar, cargada de formas e cores potentes que buscan conectar cos sentimentos do espectador. A exposición poderase visitar ata o 30 de xuño.
