1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Este pasado sábado 23 de febreiro de 2019 tiña lugar no impresionante Museo Man de Camelle a inauguración da exposición 'Imaginatio Mare' do artista catalán Joan Pascual Roca. Ademais do autor da obra estiveron presentes a alcaldesa do Concello de Camariñas, Sandra Insua Rial xunto ao segundo tenente de alcalde e concelleiro por Camelle Juan Carlos Canosa Marcote que presentaba a inauguración. Ata a última fin de semana de marzo poderase visualizar o traballo deste artista catalán, que a través da técnica da pintura con tinta chinesa invita ao expectador a somerxerse dunha maneira case existencial no ecosistema mariño. Ao remate do acto de inauguración o artista non quixo perderse a oportunidade de fotografiarse xunto a estatua do Alemán de Camelle en homenaxe a Man cun grupo de visitantes de Baleares.

Inaugurada a exposición Imaginatio Mare no Museo de Man en Camelle

Engadir un comentario