1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

¿Nunca viron vostedes esas sensacionalistas reportaxes sobre as carreteras máis perigosas do mundo? Serpenteantes camiños incrustados sobre unhas escarpadas montañas sin apenas balados que protexan dunha caída ao vacío ao longo dunha cordilleira perdida do Tibet. Pois resulta que aquí en Camelle tiñamos unha delas e nos sin enterarnos! Dase a circunstancia de que hai unhas semanas o goberno municipal se poñía mans a obra para resolver este perigoso vial da parroquia do Espírito Santo e encargoulle a nosa querida Patrulla Municipal de Obras os traballos de remodelación desta perigosa rúa camellana. O caso é que despois dunhas duras e perigosas xornadas de traballo os operarios da PMO lograron a milagre de convertir este inseguro camiño nunha firme rúa. Outro éxito engadido ao apabullante currículo da nosa entrañable Patrulla Municipal de Obras.

Este era o perigoso vial A Pergoliña de Camelle antes das obras
Este era o perigoso vial A Pergoliña de Camelle antes das obras

Engadir un comentario