1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O Museo Man de Camelle ofrece unha alternativa de ocio para a época de Nadal, organizando unha serie de obradoiros creativos para deseñar elementos decorativos. Están pensados para todos os públicos e levaranse a cabo desde o 21 de decembro ata o 4 de xaneiro.

Os talleres levaranse a cabo desde o 21 de decembro ata o 4 de xaneiro. Haberá tamén unha sesión de contacontos e xogos musicais o 27 de decembro.

O obxectivo desta iniciativa é converter o museo non só nunha referencia para o coñecemento artístico senón tamén nun lugar de creación, achegando así a arte mediante a experimentación persoal de técnicas artísticas.

Así levaranse a cabo, sempre inspirándose nas obras da colección, un taller de adornos de Nadal (o 21 e 26 de decembro de 11 a 13 horas), de tarxetas (o 21 e 27 de decembro de 17 a 19 horas e de 11 a 13 horas, respectivamente), de candeas aromáticas (o 28 de decembro de 11 a 13 horas e de 17 a 18:30 horas e o 3 de xaneiro de 11 a 13 horas) e outro taller de marcapáxinas (o 2 de xaneiro de 11 a 13 horas e o 4 de xaneiro de 11 a 13 horas e de 17 a 18:30 horas).

Para anotarse nestes obradoiros é necesario a inscrición previa, a traves do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou nos teléfonos 665 133 864 e 981 710 224. Ademais, o xoves 27 de decembro ás 17 horas haberá un contacontos e xogos musicais.

Engadir un comentario