O Concello de Camariñas xa comezou as obras para a renovación total da rúa de Abaixo, no lugar de Arou (Camelle), un proxecto valorado en 106.992,93 euros e que se centra na mellora do saneamento e na pavimentación do firme afectado. Os traballos consistirán na renovación da rede de abastecemento e de saneamento, aproveitando para retirar as conducións existentes e para facer unha rede separativa de saneamento e pluviais. Posteriormente, procederase á pavimentación da rúa con formigón armado para evitar a rotura do firme co paso do tempo.E aquí en Camarinas.eu trataremos de realizar un exhaustivo seguimento a estas obras que transformarán para semre esta importante rúa da nosa coqueta parroquia de Arou.

Engadir un comentario