1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Na tarde deste chuvioso sábado 24 de novembro de 2018 a redacción desta web era coñecedora da defunción do estimado veciño de Camelle Don Francisco Devesa Martínez aos seus tempranos 64 anos de idade. Francisco do Ruso, tal e como era máis coñecido na súa parroquia natal de Camelle, está sendo velado no Tanatorio Bergantiños da Ponte do Porto, dende onde sairá cara ás 16:15 cara a Igrexa Parroquial do Espíritu Santo de Camelle para ser celebrado o seu funeral de corpo presente. Acto seguido procederase a trasladar o féretro cos restos mortais de Don Francisco cara o Cemiterio Parroquial da vila de Camelle onde o noso querido amigo terá merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción o noso máis sinceiro pésame a toda a familia e amigos de Don Francisco, especialmente a súa irmá Rosario, seu cuñado Manolo e a súa querida sobriña Soledad. Descanse en Paz. 

Engadir un comentario