1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Desde o 17 de novembro ata o 16 de decembro o museo Man de Camelle acollerá a exposición ‘Viento y Mar’, unha mostra colectiva na que diferentes autores interpretan este concepto a través da pintura, a fotografía e os abanicos. A exposición está organizada en colaboración coa Conselleria de Cultura, Participació i esports de Baleares e o Institut d’estudis baleàrics grazas ao vínculo existente con Antoni Torrres Martorel, unha persoa moi vencellada ao noso municipio desde o desastre do Prestige.

A inauguración terá lugar este sábado, 17 de novembro, ás 13 horas. Permanecerá ata o 16 de decembro.

A inauguración de ‘Viento y Mar’ terá lugar este sábado ás 13 horas e os asistentes poderán gozar da obra de Doralice Souza, residente en Ibiza e licenciada en Belas Artes que presenta un traballo de pintura con inspiración marina e coas medusas como protagonistas. Tomeu Canyellas, doutor en Ciencias Mariñas e fotógrafo, exporá a súa colección fotográfica co mar como protagonista das súas paisaxes. Ademais, tamén se poderá gozar da exposición de abanicos ‘Al Vent’, 50 exemplares de Baleares e da Península entre os que se atopan pezas feitas con encaixe de Camariñas. O horario de visitas é os mércores e os xoves, de 11 a 14 horas; e de venres a domingos ou festivos, de 11 a 14 horas e de 17 a 19 horas.

Video relacionado: Juan Carlos Canosa no Canal Arte sobre o Alemán de Camelle

Engadir un comentario