Continúa o incesante goteo de tráxicas noticias que está a asolar todo o concello de Camariñas. Na madrugada deste domingo 11 de novembro falecía na súa casa o querido veciño de Camelle Don Manuel Pose Vidal aos seus 87 anos de idade. Os restos mortais de Don Manuel "O Moreno", tamén coñecido como O Taxista de Camelle, están sendo velados no Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde serán trasladados cara a Igrexa Parroquial do Espíritu Santo de Camelle ás 15:45 deste luns 12 de novembro. Alí, no sagrado templo camellán, será celebrado o seu funeral de corpo presente para, acto seguido, realizarse o sepelio deste estimado veciño de Camelle. Vaia dende esta redacción toda a forza e cariño a toda a familia e amigos de Don Manuel nestes duros momentos que están a pasar. Descanse en Paz.

SERVIZO DE AUTOBUSES

14:30 - Desde Camariñas, Xaviña, Dor hacia el Tanatorio.
14:30 - Braño, Arou , Camelle hacia el tanatorio

NOTA: Fotografía facilitada pola familia de Don Manuel Pose Vidal. DEP.

Engadir un comentario