1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Na tarde deste desapacible domingo 29 de abril falecía na Coruña o querido veciño de Camelle Don José Tedín Pérez aos seus 87 anos de idade despois dunha larga enfermidade que o tivo convalecente nunha cama durante anos e anos. Don José, máis coñecido en Camelle como Pepe de Heleodoro e en Camariñas como o pai de Luis do Lavado e Engrase, está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas dende onde sairán os seus restos mortais ás 16:30 da tarde deste luns 30 de abril para ser celebrado o seu funeral de corpo presente na Igrexa Parroquial do Espírito Santo de Camelle. Acto seguido será realizado o seu sepelio no Cemiterio Veciñal de Camelle donde o corpo sen vida do Señor Pepe de Heleodoro terá merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de don José Tedín Pérez. Descanse en Paz.

SERVIZO DE AUTOBÚS: Salirá un autobús dende Camelle ás 15:15 pasando por Arou, Ponte do Porto e Xaviña con dirección ao Tanatorio Municipal de Camariñas. Posteriormente unirase outro autobús que se desprazará ata o Cemiterio de Camelle.

 

Engadir un comentario