1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Dende o Museo Man de Camelle, baixo o mando do concelleiro camellán Juan Carlos Canosa Marcote, continúan co gran traballo que están realizando difundindo os valores de vida que practicaba o Alemán de Camelle, Manfred Gnädinger. Así, os responsables deste museo camellán, sen dúbida o máis importante dos museos da Costa da Morte, veñen de anunciar unha XORNADA INFORMATIVA MICROPLÁSTICOS & COSMÉTICA que terá lugar o vindeiro sábado 24 de marzo ás 17:00h no primeiro andar do Museo Man de Camelle. A continuación poderedes consultar toda a información relativa á xornada, que complementa perfectamente á exposición temporal sobre AS ÁREAS MARIÑAS PROTEXIDAS que se está celebrando dende o 22 de marzo ata o 08 de abril de 2018.

MICROPLÁSTICOS E COSMÉTICOS:


Os ecosistemas mariños están gravemente ameazados polo consumo de plásticos e, de todo tipo de materias tóxicas que de forma diaria consumimos. Traballos científicos coinciden en sinalar que supoñen un grave perigo para a vida mariña e, para nós mesmos porque os consumimos de forma directa a través, por exemplo, da cosmética. Un problema de alcance mundial que é preciso dar a coñecer.

Porque... ¿Canto tardan en desaparecer os plásticos que chegan ao mar ou á costa? ¿De que maneira se desintegran? ¿Que pasa se os peixes os comen? ¿Conteñen plásticos os productos de hixiene e maquillaxe?¿Son seguros os seus ingredientes? ¿Que son os parabenos, os ftalatos, os PEG, ...? Manfred Gnädinger abordou dende cedo esta cuestión, revelandoa na súa obra a través dos plásticos que recollía na súa contorna e, que transformaba nas coñecidas crebas de plástico.

Neste senso, dende o Museo Man de Camelle, queren darlle continuidade, apostando pola concienciación, a divulgación e promovendo prácticas respetuosas co medio ambiente e, de consumo responsable.

PROGRAMA DA XORNADA


A contaminación por microplásticos no medio mariño.
Juan Bellas Bereijo
Profesor de Investigación OPIs
Instituto Español de Oceanografía (IEO)
Centro Oceanográfico de Vigo

Máis aló da beleza. Avaliación da presenza de sustancias potencialmente tóxicas en cosméticos.
Dra. María Celeiro Montero
Departamento de Química Analítica, Nutrición y Bromatología
Universidade Santiago de Compostela

Cosmética natural, a alternativa sana e sostible.
Mara Esmorís
Enxeñeira Química e Cosmetóloga
Xerente de lily & WHITE (alta cosmética orgánica)

Coloquio
Peche da xornada

OBXECTIVOS DESTA XORNADA:


  • Dar visibilidade á contaminazión por microplásticos ¿Onde se atopan? ¿En que forma os consumimos?
  • Informar á poboación sobre os compoñentes da cosmética industrial.
  • Sensibilizar á poboación sobre a gran problemática que supón a proliferación de plásticos e o seu consumo.
  • Promover accións para evitar o consumo de microplásticos e cosmética tóxica.
  • Fomentar a protección e restauración das áreas mariñas.
  • Contribuir á cohesión social.
  • Aminorar a brecha xeracional.

Engadir un comentario