Na tarde deste luns 26 de febreiro de 2018 a redacción desta web tiña coñecemento do falecemento da querida veciña de Camelle Dona Celestina Vázquez Pose aos seus 92 anos de idade confortada cos auxilios espirituais. O corpo sen vida de Dona Celestina, viúva de Cabo-Tajes, está sendo velada no Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairá cara a Igrexa do Espíritu Santo de Camelle na tarde deste martes 27 de febreiro ás 16:00 horas. Un cuarto de hora despois, chegado o cortexo fúnebre ao sagrado templo camellán procederase a celebrar o funeral de corpo presente de Dona Celestina para acto seguido realizar o seu sepelio no Cemiterio Parroquial de Camelle onde os restos mortais de Dona Celestina terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona Celestina Vázquez Pose, Descanse en Paz.

NOTA: Salirá un autobús ás 15:00 horas dende Camelle que pasará por Arou con destino ao Tanatorio da Ponte do Porto que despois acompañará o féretro do defunto ata a igrexa de Camelle. Posteriormente unirase outro autobús que trasladará aos asistentes ao sepelio que se realizará no Cemiterio Parroquial de Camelle.

Engadir un comentario