Non deixan de sucederse as iniciativas solidarias a prol da familia do querido veciño de Camelle José Secundino Suárez tráxicamente falecido hai uns meses deixando desvalida a súa xoven familia. Despois de tantas e tantas iniciativas solidarias para lograr que esta desamparada familia tivera en propiedade a súa casiña, tiñamos noticia en exclusiva da xenerosa doación de 6000 euros con destino á viúva do noso querido amigo defunto que un anónimo dende Carballo lle entregara ao noso estimado páter Don Eduardo Puga. Outra iniciativa da que tamén se fixeron eco medios como La Voz de Galicia chegou da orixinal idea de confeccionar un calendario solidario a prol da familia de José Secundino da SD Camelle. Proxecto solidario desarrollado e costeado polo fotógrafo Diego Alonso Freire que rápidamente entusiasmou a toda a directiva do club camellán e que se poñe agora á venda en diversos establecementos asociaciados . Os lugares onde se pode adquirir este calendario solidario a prol da familia de José Secundino son na maioría de establecementos comerciais socios da SD Camelle como o Café Bar A Molinera ou o Pub Marítimo na vila camellana. Os veciños de Camariñas interesados en adquirir este calendario poden facelo no mesmo estudio de Diego Alonso Fotógrafo por un simbólico importe de 3 euros que se ingresarán directamente na conta da viúva de José Secundino. Pouco ou nada podemos facer para aliviar esa inimaxinable dor que esta familia está a pasar por tan tráxica e repentina pérdida, pero o que si podemos facer entre todos é axudar en todo o que podamos para sacar adiante a esas tres criaturas de Tatiana. José Secundino, alá onde estea, estará orgulloso dos seus veciños.

Engadir un comentario