1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O Concello de Camariñas e o Museo Man de Camelle realizarán este sábado 27 de xaneiro un acto de homenaxe a Manfred Gnädinger (Man de Camelle) co motivo do aniversario do nacemento do artista. Terá lugar na súa Casa-xardín, e se as condicións atmosféricas non o permiten, no primeiro andar do Museo Man de Camelle.

O acto comezará as 12:00 h e será presentado por D. Xosé Ameixeiras, xornalista de renome e gran coñecedor do artista, e nel intervirá en primeiro lugar, Doña Concepción Regueira “Chita” ,veciña de Camelle e amiga persoal de Man. Continuará con Dona Mercedes Martín González, impulsora da conservación do seu legado e membro fundador da Fundación Man. Seguirá coa intervención dos arquitectos Creus e Carrasco, encargados da rehabilitación da súa casa, e de David Formoso, realizador xunto a Simón Vázquez do documental Man home sen paz.

E finalizará cunhas verbas da familia de Manfred Gnädinger representada na voz do seu sobriño, Clemens Gnädinger (como intérpretes estarán os veciños de Camelle, Dona Inmaculada Regueira e D. José Mouzo). Para pechar a cerimonia, fará unha intervención D. Manuel V. Alonso de León, Alcalde de Camariñas. Durante o acto contarase coa actuación do Coro Municipal de Mulleres de Camariñas que interpretará varias cantigas. Ao finalizar, trasladaranse as cinzas do artista a súa casa-museo onde será enterrado na máis estrita intimidade.

Engadir un comentario