1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Na tarde deste venres 13 de outubro falecía no Hospital Juan Canalejo da Coruña a nosa querida veciña Dona María Bermúdez Mouzo aos seus 86 anos de idade. Dona María do Prixelo, como era máis coñecida na nosa entrañable parroquia de San Bartolo de Arou, está sendo velada na Sala 1 do Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto. Dende alí sairán os restos mortais de Dona María cara a Igrexa de San Bartolo de Arou na tarde deste sábado 14 de outubro ás 15:45 horas para celebrarse despois o seu funeral de corpo presente. Vaia dende esta redacción todo o noso apoio nestes duros momentos a toda a familia e amigos de Dona María Mouzo Bermúdez, moi especialmente ao seu marido, noso querido e admirado amigo Chuco "O Prixelo" ao que lle queremos transmitir moita forza e todo o ánimo do mundo. Descanse en Paz.

NOTA: Haberá servizo de autobús que salirá dende Arou, Camelle ás 15:00 horas con dirección ao Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto. Posteriormente unirase un segundo autobús que transportará a todos os asistentes ao sepelio cara o Cementerio Parroquial de Camelle.

Engadir un comentario