5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (1 Vote)
Acaba de escribirse unha páxina histórica para a nosa querida parroquia de Arou. Este ano cúmprense exactamente 30 anos dende que a Fundación Europea de Educación Ambiental concedera a primeira bandeira azul no vello continente, e como non podía ser doutro xeito, a praia de Arou no Concello de Camariñas terá o honor de recibir este importante galardón para celebrar eses 30 anos de bandeiras azuis en todo o mundo. Impresionante traballo do grupo de goberno do Concello de Camariñas coa adxudicación hai tan só dous días da primeira bandeira azul para unha praia pertencente á municipalidade camariñana. Unha bandeira que o mesmísimo presidente Alberto Núñez Feijoo entregaba en man ao alcalde Pichurri nunha ceremonia solemne diante do máis granado do sector turístico galego.

Alí a nosa coqueta parroquia de San Bartolo de Arou tivo o privilexio de ser unha das poucas praias desta olvidada Costa da Morte en lucir semellante insignia de calidade. E todo elo gracias ao traballo serio e calado desenvolvido dende as oficinas do concello de Camariñas dende estes últimos anos atrás (tal e como prometera o PSOE de Camariñas nun mitin en Arou)) porque, non nos engañemos, de non ser polas depuradoras de augas residuais construidas nestas derradeiras lexislaturas, as reformas acometidas no sector medioambiental e de infraestructuras así como no feito de ter aprobado un flamante plan xeral de ordenación municipal que impulsaría definitivamente todo o anterior, derivou en que este proxecto fora viable. Aventúranse moitos cambios na nosa querida vila de Arou agora que dispón a súa praia dun distintivo turístico de excelencia como a bandeira azul. Este verán será diferente. Noraboa a todos os que o fixeron posible.

Bandeira Azul para a praia de Arou, na Costa da Morte
Bandeira Azul para a praia de Arou, na Costa da Morte

Engadir un comentario