5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (1 Vote)
O Concello de Camariñas acaba de adxudicar a obra de acondicionamento do parque infantil Área do Bote de Camelle, cun orzamento de máis de 34.000 euros. Os traballos enmárcanse no plan PAS, que financia a Deputación da Coruña.

As actuacións consisten na instalación dun pavimento de continuo de seguridade de caucho e na reparación e pintando do peche perimetral existente, que se atopaba en mal estado. O importe total de licitación da obra é de 34.356 euros. Con esta obra o Concello de Camariñas completa o acondicionamento dos parques infantís de Camelle para que os máis pequenos conten con espacios de xogos axeitados para poder desfrutar no seu tempo de lecer, ademáis doutras actuacións nesta localidade.

Contestación contundente ao Partido Popular de Camariñas


O concelleiro de Urbanismo, Juan Carlos Canosa, tamén fixo mención ás acusacións de abandono desta localidade por parte do Partido Popular de Camariñas, lembrándolle ao principal partido da oposición que ademáis das obras nos parques infantís, o Goberno local levou a cabo outras actuacións como limpeza de praias e melloras importantes noutras infraestruturas. O concelleiro recoñeceu, sen embargo, que quedaban pendentes as actuacións para mellorar a sinalización do pobo, e, que, segundo dixo, son responsabilidade de Portos de Galicia.

Por este motivo, Juan Carlos Canosa pídelles aos concelleiros populares que en vez de facer críticas sen sentido contra o Goberno local, que intercedan diante do seu partido para resolver este asunto canto antes, en beneficio de todos os veciños.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.