1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O Concello de Camariñas prepara varias actividades durante o vindeiro mes de abril relacionadas co Alemán de Camelle. Os sábados 8 e 15 de abril levarase a cabo a actividade “Descubrindo a Manfred Gnädinger”, un roteiro de catro quilómetros para coñecer o legado do artista. A saída está prevista para as dez da mañá no Museo de Man e rematará despois das dúas da tarde no xardín museo que construiu o artista.

Haberá unha visita guiada polo Museo Man de Camelle, e ás 12.30 horas está prevista a proxección do documental “Man home sen paz”, premio Mestre Mateo á mellor longametraxe documental 2010. Ás 13.45 haberá unha visita ó museo ao aire libre, antes de rematar a camiñata. O precio da excursión é de un euro, excepto para os nenos menores de oito anos e as persoas con discapacidade, que será gratuíta. As persoas interesadas deberán de inscribirse previamente nos teléfonos do Museo do Alemán ou no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Ademais, dende o 12 de abril ata o 1 de maio no Museo do Alemán poderase visitar a exposición que leva por título “Coidando o noso mar”, pola que se pretende sensibilizar á población da importancia de cuidar os recursos naturais. Estará aberta de martes a xoves de 10 a 14 horas, mentras que as fins de semana estará en horario de mañá e tarde. Mas vacacións de Semana Santa tamén estará aberta de mañá e tarde.

 

Engadir un comentario