1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
A Xunta de Goberno do Concello de Camariñas acaba de aprobar o expediente de contratación para as obras de recuperación da Casa de Man, na localidade de Camelle. O proxecto, que está financiado pola Depuración da Coruña, ten un orzamento de 24.990,42 euros.

A primeira actuación que se levará a cabo será unha limpeza selectiva do interior da caseta do Alemán de Camelle, seguida da limpieza do terreno rochoso e en detalle dos ocos dos apoios da estrutura de madeira, así como a limpeza e selado de fendas cun morteiro especial.

Tamén se levará a cabo a reparación da cuberta repoñendo todo o material danado e farase un novo piso de madeira, entre outras actuacións. Ademais, levaranse a cabo novas tarefas de limpeza e unha drenaxe do exterior, que permita así a evacuación rápida das augas da choiva e a súa impermeabilización.

Por último, tamén se restaurarán as pinturas que hai do Alemán de Camelle para a súa conservación. Este proxecto foi redactado polos arquitectos Juan Creus e Covadonga Carrasco.

O Goberno local de Camariñas aposta así por recuperar a obra de Manfred, o Alemán que lle dou sona a Camelle e que falecía pouco despois do accidente do Prestige.

Engadir un comentario