1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Comparado con outras terras, non é Camariñas un lugar moi dado a estatuas. Non digamos por comparanza cunha cidade como Oviedo onde de non andar con ollo un estampará irremisiblemente os fuciños contra calqueira das esculturas que coma fungos brotaron por tódalas rúas e plazas da capital asturiana nestes últimos anos. Ou con megaurbes como Moscú onde sátrapas comunistas, héroes militares, forzudos proletarios ao máis puro estilo do realismo socialista ou, agora, figuras do pasado imperial e relixosos ortodoxos sucédense sen solución de continuidade en xigantescas figuras de pedra e bronce. Non, aquí, apenas unha estatua á muller traballadora e outra á palilleira e xa vai que chuta. Incluso en tempos nalgúns ámbitos baraxárase a posibilidade de erixir un humilde recordo ao gran represaliado por antonomasia do Franquismo en Camariñas, Jacinto Campaña Martínez, fusilado polas tropas nacionais en Luarca un aciago día do lonxano e terrible ano de 1936. Este, como tantos e tantos proxectos, quedou en nada, sen embargo o que sí que parece que arranca con forza é a novedosa iniciativa municipal de erixir un recordo ao maior embaixador artístico que tivo en sorte coñecer o Concello de Camariñas durante o século XX: Manfred Gnadinguer, o Alemán de Camelle, a cuia honra o Concello ven de convocar concurso público para levantarlle unha estatua mimética. Un grande dos nosos acada o seu máis que merecido recoñecemento.

Engadir un comentario