O Reis Magos pasaron adiantados por Arou e deixaron un inmellorable presente en forma de remodelación da súa Rúa Principal. Unha obra que marca un antes e un despois para a poboación do norte do noso concello e á que contribuiron sinaladamente os propios veciños cedendo de forma voluntaria e gratuita os terreos que permitiron un ancheamento sinalado da mesma. A obra, orzamentada en máis de 82.00 euros, foi executada pola empresa de construccion de José Martínez Rial e incluío unha nova rede de saneamento, a renovación das acometidas as vivenda de auga, saneamento e pluviais, a construción da rede de pluviais, a preparación das instalacións necesarias para o soterramento das liñas eléctricas e do alumado, a reposición e construcións de novos peches de fincas e parcelas e, por suposto, un novo firme feito de formigón impreso acabado en color negro. Agora sí que van poder pasar como auténticos reis, con espacio suficiente para a súa suntuosa cohorte asiática, os monarcas magos de Oriente. Feliz Nadal a todos!!

Engadir un comentario