1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Comeza a vislumbrarse o proxecto durante o que traballaron intensamente durante os últimos anos dende o Concello de Camariñas. "Man: Mar, Arte e Natureza" é o proxecto estrela que, en palabras dos responsables do traballo marcará un antes e un despois na proxección turística da vila de Camelle e na conservación do patrimonio do anacoreta camellán. Un proxecto que comeza a desvelarse pouco a pouco coa presentación da páxina web www.mandecamelle.com que se puxo en marcha hai uns días e que nos mostrou orgulloso un dos principais precursores deste proxecto como é o concelleiro socialista e veciño de Camelle Juan Carlos Canosa Marcote. Unha páxina web que presenta un deseño innovador e uns contidos que se están a publicar día tras día. Esta páxina web será, según nos contan, a punta do iceberg do que representará o proxecto íntegro no que se está a traballar. Pero antes de coñecer todo o total do que suporá esta importante iniciativa para a vila máis norteña do concello deixámosvos con un pequeno resumo do proxecto que promete cambiar a proxección da vila de Camelle hacia o mundo: "Man: Mar, Arte e Natureza"

"MAN: Mar, Arte e Natureza"


Cara esta musealización estudouse a súa obra e estableceuse unha tipoloxía específica para o seu rexistro e catalogación. Tras o cal creouse unha base de datos de consulta pública básica a través de esta páxina web da obra máis característica de Man. Créase unha sinalética específica para mellorar o acceso do turista a zona do porto e a obra de Man. Esta páxina web, na que se recoñeza non so o produto turístico Man, Mar, Arte, Natureza, se non que permita o establecemento de redes de cooperación a nivel mundial, movidas polo interese que esperta nos cicuítos artísticos a obra de Man.

MAN, mar, Arte e natureza” é un proxecto GAC que desenvolve un produto turístico enraizado na comunidade costeira local, en Camelle, mediante a posta en valor e recuperación do legado artístico de Manfred Gnädinger, coñecido por todos como Man de Camelle, e que na súa maioría se realizou na contorna do porto desta localidade.

O autor e a súa obra fixeron coñecida no mundo enteiro á vila de Camelle, ata tal punto que é prácticamente imposible atopar na rede información deste lugar na que non se faga referencia a Man, e viceversa. A posta en valor e a recuperación do legado de Man, tamén o é, por extensión do porto de Camelle e a súa contorna, nos que Man non só creou, se nón que convertíu no seu fogar e no seu propio proxecto museístico espontáneo.

O traballo que Man realizou ao longo dos anos nas inmediacións do espigón de Camelle quedou debastado por mor do vandalismo e das últimas catástrofes climatolóxicas da zona. A obra que persiste actualmente no xardínmuseo, único xardín mariño de esculturas no mundo, non representa o seu estado orixinal; a simulación dixital en 3D do que era esta singular obra ofertaría ao visitante a posibilidade de visionado, a través dos seus aparatos smart, da recuperación do estado ideal das pezas que compoñían este conxunto,e proporcionaría acceso ás súas características a través da realidade aumentada.

Na Casa do Alemán, propiedade do concello, lévase a cabo a musealización de parte da obra de Man, de tal maneira que o visitante pode acceder a un espazo interpretativo desta complexa obra.

O tema motor desta exposición é a visión propia do artista cara a súa obra e do seu museo en relación co mar e a natureza. Para o cal creouse un espazo expositivo acorde con o imaxinarium do artista, un espazo que parte da súa propia obra e que permite que o visitante se mergulle na especial visión de Man do mundo. Partindo dunha das súas obras fotográficas denominada “Museum vom Einsiedler Man. Camelle (La Coruña). Spanien” (Museo del ermitaño Man. Camelle (La Coruña) España), creouse un espazo expositivo no que mostrar as creación feitas por Man e que configuraban o seu museo. Con esta composición Man fai un percorrido a través de imaxes polo museo.

Na exposición móstranse toda unha serie de obras feitas a partir dos obxectos que o mar traia as costas de Camelle (as denominadas crebas) e que Man ensamblaba, deformaba e pintaba para as súas creacións. Podemos contemplar tamén fotografías, bosquexos de visitantes e documentos con aforismos e reflexións a modo de manifesto.

Unha gran parte da súa obra tense perdido xa, quédando so rexistros gráficos e audiovisuais, nesta expo sición o visitante poderá disfrutar de algunhas de estas pezas nas que se amosa a vida e obra de Man e o seu vínculo co Mar e a contorna que o rodeaba podendo chegar á cidadanía a súa obra e filosofía de vida e vinculación co mar, concienciando ao cidadán da importancia do patrimonio cultural e promovendo o patrimonio cultural dende unha clara visión de comunicación e difusión.

Engadir un comentario