1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Na que era a máis productiva pesquería do continente centroasiático, o Mar de Aral, a que marchou fui a auga e deixou unha estampa desolada de oxidadas estructuras ferruxentas languidecendo baixo o implacable sol do deserto. En Arou a que se fui dun día para outro fui a area, roubada tal vez por ese mar desaparecido do Aral e deixounos a estéril imaxe dun areal de bolos. Se nun caso a explicación da hecatombe cabe buscala nuns dirixentes soviéticos empeñados en sobreexplotar os cursos hídricos da zona con destino aos sedentos cultivos de algodón da veciña República de Uzbekistán, noutro sinxelamente cabe achacar a desgraza a peor sucesión de temporais de todo tipo dos últimos cincuenta anos e así o que era un activo seguro do Concello de Camariñas cando chegaba o verán, unha das mellores e máis prácidas praias da Costa da Morte, luce agora moribunda sen proveito algún para ninguén. Postos a buscar solucións ao drama, poucas alternativas se nos ocurren para tratar de revertir unha realidade apocalíptica, máis alá de que a mesma natureza, tal esas mesmas augas roubadas por enxeñeiros rusos nas estepas desoladas do centro de Asia, reintegren pouco a pouco o sustraído. E sen embargo, ca alma encollida ante os restos pedregosos da praia onde un tanto desfrutou, algo haberá que facer.

Engadir un comentario