5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (1 Vote)
Segundo contan as prediccións, o inxente conxunto xornalístico-gráfico composto polas reportaxes de Camarinas.eu adicadas aos temporais do inverno 2013-2014 poderían haber chegado ao seu fin. Con este de Cristina, a catarata máis desaprensiva de cicloxénesis explosivas da que se teña memoria deixaría paso a unha apariencia certa de clima benigno que, a salvo algunha que outra recaída inesperada, nos situaría ás portas mesmas dunha primavera. Con todo, este temporal crepuscular incidío dolorosamente nunha preocupante ferida aberta que se estaba a vivir en Arou e levouse consigo a pouca area que quedaba na súa en tempos fermosa e concurrida praia deixando un inservible coído de bolos de pedra. Unha vez perpetrada a catástrofe tan só queda conxeturar se co bo tempo e o reanudado normal ritmo das mareas a area volve pouco a pouco cara o litoral arouán. A posibilidade de incurrir en analoxía con certo mentecato subnormalizado que culpaba de certo diluvio universal ao Concello de Camariñas e botarlle as culpas, non sabemos, a ver,  alguén por ahí, ¿Costas do Estado?, lóxicamente está por completo descartada. Os ceos parece que voltarán a lucir pero o rastro do peor inverno das nosas vidas na Costa da Morte non pode ser máis demoledor: templos destruidos, casas unhas incendiadas, outras anegadas, embarrancamentos ucranianos, praias destruidas, casetas mariñeiras demolidas, embarcacións afundidas por ducias, paseos marítimos certamente quebrantados... Con todo o rastro de destrucción non queda ahí e agora en localidades como Arou obsérvase con preocupación o futuro, sobre todo despois de que cunha inversión tan descomunal como a levada a cabo en anos anteriores e que dotou a este coqueto enclave mariñeiro dun aspecto de óptima explotación turística, a base sobre a que pivotaba todo o conxunto, a súa espléndida praia, quedou completamente aniquilada, inservible coído de bolos. E sen embargo algo haberá que facer.

Fotos: C Pedreira (Páxina de facebook Arou virando á Esquerda)

Comentarios   

A MIÑA PRAIA
+4 # RE: A praia de Arou convertida nun coido de bolos polos temporaisA MIÑA PRAIA 04/03/2014 21:49
É a miña praia de veraneo e seguro que antes de chegar o verán ,virá unha pequena tormenta ao reves que nos enchese a praia desa area tan fina pola cal dá gusto pasear,é unha das mellores praias que temos en todos os sentidos pero nunca mellor dito polo tranquilo que se esta no verán
Responder | Denunciar ante o administrador