1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
A derradeira sorpresa da vaga de temporais que están a caracterizar o curso invernal 2013-2014 acontecía na tarde deste mércores 12 de febreiro en Arou cando unha foca aparecía na súa Praia de Lobeiras. Onte era avistada polos veciños e na mañán deste xoves xa algúns deles xa entablaban contacto ca mesma. Atoparon a un exemplar pequeno e ferido, polo que é necesario o inmediato desprazamento ata o lugar de especialistas do CEMMA, a Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños, a ONG que dende 1999 leva acudindo a socorrer o varamento na costa galega de mamíferos e tartarugas mariñas. O primeiro en dar noticia deste sorprendente descubremento era o camellán Ignacio Lobelos na súa conta do facebook. Con todo, non deixa este sorpresivo varamento de suscitar algunha que outra analoxía ca toponimia do lugar do seu varamento, a Praia de Lobeiras, quen sabe se en tempos remotos lugar de descanso ou tránsito de lobos mariños. Tal vez a resposta sexa outra e haia que buscala na remota Siberia, ao carón mesmo da cidade de Irkutsk, non lonxe da fronteira de Mongolia, no Lago Baikal, famoso pola profundidade e pureza prístina das súas augas así como por albergar unha das familias máis populosas de focas, a nerpa ou pusa sibírica, máis coñecida como "Foca do Baikal". Quen sabe si este animaliño ferido no curso dun dos temporais recentes de mar se achegou polas nosas costas buscando unhas augas puras, limpas, prístinas como as que bañan a Praia de Lobeiras para repousar un corpo dolorido e coller forzas cas que reemprender unha viaxe interrumpida.

Comentarios   

a quen buscara
+4 # RE: Atopada unha foca na praia de Lobeiras en Aroua quen buscara 13/02/2014 19:26
fan falla xentiña con preparasion en periodismo digital no mar e coñocedores da sapiensia de aljuns da nosa terra veñen coas ansia de atopar a aljen que lles vaia a dar as notisias e mandaron a un pobre animaliño pa que aproveite a sua viaxe e faja unha cura .Estas na tua casa foquiña que che traten ben e si non e asi PROTESTA
Responder | Denunciar ante o administrador
Moncho de Dios
+2 # RE: Atopada unha foca na praia de Lobeiras en ArouMoncho de Dios 14/02/2014 10:52
Veo que estamos muy cerca de estos animales carroñeros que van por los despojos de cualquier moribundo,no me siento identificado con una civilización superior,a todos estos prostituidos les diré,¿que pasa con nuestros hijos ? ¿para que estudiaron una carrera ?es triste el verse gobernados por verdaderos gilipollas, personas con una preparación superior a ellos están en la cola del paro,ya el juez determinara la culpabilidad de cada uno ,sin miramientos de ninguna clase digo:NO ME REPRESENTÁIS ,IROS ,DEJARLO.Espero que los sobres y los regalos se vayan acabando y los jueces cuando acaben de limpiar España que se metan con otros temas de China ,pero de momento ,tienen trabajo aquí para unos años ,queremos jueces que impartan la justicia ,.
Responder | Denunciar ante o administrador
Moncho de Dios
+3 # RE: Atopada unha foca na praia de Lobeiras en ArouMoncho de Dios 14/02/2014 11:20
Lo de las cifras del paro tiene que ser mentira ,no puede ser ,no es cierto ,no me lo creo ,estos señores tan BUENOS,colocand o y colocando y colocando....ge nte para trabajar ,no ,no puede ser , es mentira , en un año así acaban con el paro,que gente tan eficaz tenemos y vas a las colas del INEM y dan la vuelta a la manzana ,pero debe de ser mentira,deben de estar allí pagados por los demás partidos `políticos para hacer daño ,NO ;NO no es cierto ,ellos también están con la mie...hasta el cuello ,Jesús parece la tropa de Pancho Villa y su caballo el siete leguas.LA CUCARACHA ,LA CUCARACHA.....
Responder | Denunciar ante o administrador
PARDIÑAS
+3 # RE: Atopada unha foca na praia de Lobeiras en ArouPARDIÑAS 14/02/2014 13:15
a situación nos esta levando ao limite da credibilidade,i sto é inaudito ,non recordo corrupción a estes niveis ,parece que xa estamos falando de algo normal e non nos referimos a esa pequena porcentaxe ,agora trátase da maioría onde se podía rascar algo ,é unha pena ,ninguén con dous dedos de fronte pódeo entender ,son moitos os temas para arranxar e váillenos o tempo ,estes tipos non saben o que fixeron
Responder | Denunciar ante o administrador
Moncho de Dios
+2 # RE: Atopada unha foca na praia de Lobeiras en ArouMoncho de Dios 14/02/2014 16:00
Estoy pensando mal,o estoy pensando bien ,estos señores que nos están gobernando ,ya nos demostraron para lo que valen,para pensar en ellos y nada mas ,cobrando sueldos ,dietas ,sobresueldos y piense usted lo que mas le guste ,se lo dejo a su libre albedrío,no están pensando en los grandes problemas de la sociedad ,en esos seis millones de personas que están paradas y ellos ocupando varios sillones ,al mismo tiempo que nombran a quienes les da la gana ,gente sin conocimiento ninguno que no ve mas allá de su narices ,debíamos de ir pensando muy seriamente en lo de ver como nos nombran a los que tenemos después que elegir nosotros ,yo no me ando con rodeos y a todos aquellos que me salgan ensuciados de estos temas de corrupción ,ni por un momento los voy a votar ,no me fastidian mas ,vergüenza les tendría que dar el volver a presentarse y los candidatos de cada provincia elegidos por los militantes de ese partido ,por todos o listas abiertas ,peor imposible
Responder | Denunciar ante o administrador
nin un só cabalo
+1 # RE: Atopada unha foca na praia de Lobeiras en Arounin un só cabalo 14/02/2014 19:38
Naqueles tempos da nosa mocidade ,as películas que mais nos gustában eran as de vaqueros e sobre todo as de indios ,a verdade aos indios facíanllas pasar mal,aí viñan indios e veña tiros para aquí e flechas os indios non paraban de morrer pero era "IMPENSABLE "a morte dun cabalo ,aos cabalos non lles daba nin unha soa bala e logo case cando xa non quedaban indios outra vez aparecían mais indios ,pero era " IMPENSABLE "a morte dun cabalo,iso si ao final cando os do regimiento convertíanse nun escuadrón ,era cando soaba a trompeta ,era "IMPENSABLE "que non soase a trompeta ,que tempos aqueles ,que ben o pasabamos ,que inocentes eramos ,agora é " IMPENSABLE " que tal cousa poida suceder,recordá desvos ¿verdade? pobres indios e agora o outro día vin unha película que me gustou cando era raparigo e agora non me gustou nada ,parece mentira eu mais ben diría que nos pasou o tempo dos indios ,é " IMPENSABLE"
Responder | Denunciar ante o administrador