1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Veciños de Arou contemplan preocupados o avance do lume que ameaza as súas casas

A plaga de incendios que asolou Galicia este verán acabou por recalar finalmente no Concello de Camariñas. Eran sobre as 14:00 deste luns 23 de setembro de 2013 cando un grave incendio se declaraba na zona da Portela e a Lagoa, na parroquia de Camelle para ao pouco extenderse cara a outra vertiente do monte e situarse á altura da Estación Depuradora de Augas Residuais, sita a carón do porto de Arou. Dada a envergadura do lume, xa dende un primeiro momento desplazáronse ata o zona varias patrullas contraindencios incluida a propia do Concello de Camariñas que se atopaba noutro lume en Santa Comba, voluntarios de Protección Civil de Camariñas, a Guardia Civil e ata dous helicópteros e un hidroavión de loita contra o lume. Eran as primeiras horas da sobremesa cando lapas de certa magnitude descendían ameazadoras polo monte en dirección ás casas situadas nas inmediacións do porto arouán e os seus propietarios comenzaban a regar os terreos próximos por precaución.

Asemesmo ata o lugar do operativo desprazáronse xa inmediatamente como soe ser habitual nestes casos o concelleiro camellán Juan Carlos Canosa Marcote e o Alcalde Pichurri, o cal nos momentos de máxima intensidade do lume baraxou seriamente a formación dunha brigada de voluntarios para facer frente ao lume que ameazaba seriamente naqueles intres con chegar ata as casas dos veciños. Pouco despois ao operativo sumábanse os tamén concelleiros Sergio Caamaño e Gemma Pedreira así como varios empregados municipais movilizados de urxencia. Segundo informacións que puido recabar a unidade móvil de Camarinas.eu desprazada ata o lugar de autos o lume chegou a atoparse a menos de medio kilómetro das casas e gracias a que o vento sopraba en dirección contraria evitouse males maiores: bastaba un lixeiro cambio de orientación no sentido do mesmo para que se producisen consecuencias fatais para as construccións colindantes. Aparte do incalculable dano medioambiental causado, entre as consecuencias deste lume hai que rexistrar dous feridos leves: unha veciña que tentou apagar o lume cunhas xestas queimándose na cara e un veciño que sufrío feridas de diversa consideración nas mans.

Finalmente eran xa pasadas as 20:00 horas cando gracias a envergadura dos medios postos en marcha o lume quedaba controlado e o incendio cáseque extinguido. No momento en que Camarinas.eu publicaba en exclusiva o primeiro avance sobre o fatal incendio que asolou os terreos situados entre Camelle e Arou descoñecíase se a orixe do lume foi causada de xeito intencionado ou imprudente, o certo é que debe descartarse de todo punto que fosen as elevadas temperaturas as que estivesen detrás do incendio. En todo caso tanto da: vendo como tras ser detidos pola Guardia Civil os pirómanos causantes dos incendios que convertiron Galicia nunha paisaxe lunar, éstos eran cáseque automáticamente postos en liberdade polas autoridades xudiciais, listos para seguir queimando Galicia polos catro costados, sen o máis mínimo castigo, sin a menor pena, non convén facerse moitas ilusións neste punto.

Comentarios   

Moncho de Dios
+3 # RE: Grave incendio forestal entre Camelle e ArouMoncho de Dios 23/09/2013 16:50
Ya me extrañaba a mi que no llegase el fuego a nuestro ayuntamiento,a esta gente que le prende fuego a los montes tendriamos que ponerles la cancion de Roberto Carlos "yo quisiera ser civilizado como los animales"al mismo tiempo me hace recordar ,que es verdad ,que tenemos mucho que reclamarles a nuestros politicos,pero tambien a algun vecino incendiario que hay por toda nuestra tierra ,el fuego vino subiendo del sur para el norte ¿casualidad?pue de ser,la misma que esos que asi que tiene la baja difinitiva tiran con la silla de ruedas,al mar¿casualidad? ,el monte tiene dueño ,pero la regeneracion del aire es para todos
Responder | Denunciar ante o administrador
sempreijual
+3 # RE: Grave incendio forestal entre Camelle e Arousempreijual 23/09/2013 17:51
A min tamén me estrañaba q non hubera lume este ano.Menos mal q parese q xa esta todo controladoo.
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+4 # RE: Grave incendio forestal entre Camelle e ArouBeldoña 23/09/2013 17:57
¿ QUE ESTÁN A FACER ?

¿ Que están a facer coa miña xoíña ?
¿ Que che están a facer eses canallas ?
…se ti es o edén do ceo nesta terriña,
sumida polas ancestrais batallas.

Terra de ríos, prados e montañas,
…mariñeira, morrendo de peniña;
terra labrega agoniando nas lapas,
loitando ca alma, miña queridiña.

Abrásame o lume cando te vexo
queimándoche a vida isos desalmados,
que te matan sen xeito e sen complexo.

¡ Os meus tesouros ardendo calados !
sempre en fronte de feros elementos,
i erguéndote sen rosmar nin enfados.

Antonio Puertas

Tódolos dereitos reservados.
Responder | Denunciar ante o administrador
Moncho de Dios
+3 # A Antonio PuertasMoncho de Dios 23/09/2013 18:09
Bien usadas y con la destreza que la hace nuestro compañero de andaduras por internet ,no hay nada mas fuerte que la palabra usada con razón y sentimiento como Antonio Puertas.Estas palabras pertenecen a una canción de Sabina "que el diccionario detenga las balas"al mismo tiempo enviarle un mensaje de amistad y comprensión a Eu...Kiños,no pasa nada Recis ,ojala lloviera ,pero agua
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+3 # RE: Grave incendio forestal entre Camelle e ArouBeldoña 24/09/2013 08:19
Grazas, Moncho polas túas palabras. Este poema saíome da alma, ó ver coma algún desalmado estaba a aproveitar a seca deste verán pa queimar Galicia. Non hai dereito.
Unha aperta pa ti e pa toda a xente de bondade..
Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador