Este venres 23 de agosto dan comezo as Festas de San Bartolo de Arou 2013

Á espera de que o San Ramón camariñán poña o telón final ao verán festeiro municipal o San Bartolo arouán xa está aquí. A costa de grandes esfrozos os membros da comisión de festas desta coqueta poboación costeira foron quen de continuar a tradición nestos tempos de dura crise e aseguraron unha edición máis desta festividade típica de finais de agosto na Costa da Morte. Tres días de festa por todo o alto que comenzan este mesmo venres 23 e que se extenderán no medio dun xolgorio e ledicia incontrolados durante o penúltimo fin de semana de agosto.

Así, nada mellor que arrancar o San Bartolo satisfacendo ben os paladares e rebulindo ben os bandullos ca celebración dunha sardiñada este venres á que seguirá unha actuación musical a cargo do grupo O Tren da Unha. O sábado 24 as honras solemnes ocupan o seu lugar e celebrarase unha misa solemne que será seguida dunha sesión vermouth (ese especimen estranamente inexistente nas Rías Baixas, polo menos na comarca do Salnés) a cargo da Alarma, a que xunto á Midas ocuparase asemesmo cando as sombras se abatan sobre Arou a verbena. E finalmente o domingo 25 nova misa solemne, ésta na honra da Inmaculada Concepción e sesión vermouth acometida por Fania e Blanco Show, que serán tamén os encargados de animar a verbena final do San Bartolo de Arou de 2013. A pasalo ben e ata o ano que ven.

Comentarios   

SAN BARTOLIÑO
+3 # RE: Cartel da Festa de San Bartolo en Arou 2013SAN BARTOLIÑO 26/08/2013 23:27
El día de San Bartolo era festivo en el Puente ,las borracheras eran de campeonato, ya llegábamos temprano y lo normal es que fuese una antes de comer que seguía con la comida ,luego la de la tarde que la aliviábamos con una buena cena ,bailes de pandereta y por la noche era el acabose ,lo bueno que teníamos la juventud de antes es que no teníamos coches y eso nos obligaba a venir en furgonetas todos apretados ,pero todos juntos, eso hacia mas amistad entre todos ,alguno tuvimos que llevarlo para casa en una carreta, viva las fiestas de San Bartolo por muchos años mas
Responder | Denunciar ante o administrador
ardelle o eixo Manue
+2 # RE: Cartel da Festa de San Bartolo en Arou 2013ardelle o eixo Manue 27/08/2013 20:49
Na Ponte tiñamos moitos festivos durante o verán, ao final debiámoslle días ao ano, sempre fomos de ir a moitas festas e a moitos lugares, eramos internacionais, os de agora seguen o costume
Responder | Denunciar ante o administrador
Os da Ponte
+1 # RE: Cartel da Festa de San Bartolo en Arou 2013Os da Ponte 29/08/2013 18:14
Non vos fasia falta muitas festas pa coller a vosas cheas,si a muitos lle deran un pico e una pala einda taban novas ,non creo eu que se jastaran muito,aljen ten que traballar e vos muy traballodoriños non sondes,pa eso sa estamos os de Xaviña ,que non sabemos faser outra cousa que non sea traballar,os da ponte,bueno carallo bueno ,teñenche moita leria,aora eso si lijando mandaba truco con eles
Responder | Denunciar ante o administrador